Orán[1] (en árabe: وهران, Wahrān) é unha cidade do noroeste de Alxeria, capital da provincia homónima. Localízase na beira do mar Mediterráneo, a 432 quilómetros da capital Alxer. A cidade ten unha poboación de 759.645 habitantes (2008) e é o principal centro de transporte de mercancías e industrial do occidente do país.