Orquídea verde, Coeloglossum viride,[1] é unha especie de orquídea estreitamente relacionada co xénero Dactylorhiza no que estaban incluídas anteriormente. É a especie de orquídeas cun ámbito de distribución máis extenso, atópanse por todo o hemisferio Norte tépedo, chegando até Islandia e Groenlandia. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Etimoloxía
O nome Coeloglossum procede das palabras gregas "coelo" (oco, buraco) e "glossum" (lingua). Isto é pola forma do labelo que ten un buraco na súa base.
"Viride" = "verde" pola cor predominante na flor.
Estas orquídeas terrestres desenvólvense en chans básicos e prados húmidos, linderos de bosques e en áreas onde a arboreda está clareando. Teñen tubérculos xeófitos. Nestes grosos talos subterráneos poden almacenar gran cantidade de auga, que lles permiten sobrevivir en condicións de seca.
Posúen grandes follas ovoides ou oblongas que cambian a lanceoladas na parte superior cerca do ápice. Desenvolven un talo curto que alcanza unha altura de 3-4 dms. As follas da parte superior son máis pequenas que as follas máis baixas do talo.
A inflorescencia, é unha espiga cilíndrica, cunhas 5-25 flores pequenas con fragrancia. Estas desenvólvense a partir duns capullos axilares. As cores predominantes son gradacións do verde. Florecen a finais de primavera ou no verán.
O seu sistema de polinización é normalmente entomógamo, pero ao estar desprovistas de néctar teñen que recorrer ao mesmo mecanismo de atracción que presentan outras orquídeas, como é o caso do xénero Orchis, que para atraer aos polinizadores as flores teñen que adquirir a aparencia de flores nectaríferas.
Especies de Coeloglossum
Hai moitas especies que se fertilizan de forma cruzada, dando lugar a unha enorme cantidade de variacións que complican a súa clasificación.
Especie tipo: Coeloglossum viride (L. Hartm. (1820)