O 2 de novembro de 2017 foi encarcerado de maneira preventiva na prisión de Estremera acusado de sedición e rebelión.[3] En xaneiro de 2018, o Tribunal Supremo español confirmou a súa prisión preventiva por unanimidade considerando que hai "risco relevante" de reiteración delictiva porque "non ten a intención de abandonar" a vía seguida até agora.[3] O 4 de xullo de 2018 foi trasladado ó Centro Penitenciario Lledoners, onde estivo preso até o 1 de febreiro de 2019, cando foi trasladado ó cárcere de Soto del Real á espera do xuízo,[4] o cal acabou nunha sentenza condenatoria de 13 anos de cárcere e 13 de inhabilitación absoluta, polos delitos de sedición e malversación.[5]
Traxectoria
Primeiros anos
Naceu na rúa de Cabrera, en Sant Andreu de Palomar, Barcelona, onde viviu até os dous anos, cando a familia se trasladou a Sant Vicenç dels Horts. Alí, a súa familia intalouse preto dun campo de barracóns onde se aloxaban algunhas das vítimas das riadas de Vallès de 1962. Alí había un grup de monxes italianos que dirixían un orfanato e convenceron ós pais de Junqueras para que fixese a súa educación obrigatoria no Liceu Italià de Barcelona.[6] O seu pai era catedrático de instituto e a súa nai, enfermeira.[7] Tamén pasou tempadas en Castellbell i el Vilar.[8]
Traxectoria docente
Comezou a estudar ciencias económicas na Universidade de Barcelona. Alí afiliouse á Federació Nacional d'Estudiants de Catalunya onde se convertería no secretario nacional de Finanzas.[6] Máis adiante cambiou de universidade, licenciándose en historia moderna e contemporánea (1996) e doutorándose en Historia do Pensamento Económico pola Universidade Autónoma de Barcelona.[9] A súa tese doutoral levou por título "Economia i pensament econòmic a la Catalunya de l'alta edat moderna" e analizaba o nacemento do pensamento económico moderno no Mediterráneo occidental estabelecendo os paralelismos oportunos co pensamento inglés e castelán das primeiras décadas do século XVII.[10] Foi profesor adxunto no departamento de historia moderna e contemporánea da UAB. Durante un tempo fixo investigación nos Arquivos Secretos da Cidade do Vaticano, onde tivo un permesso pomeridiano.[11]
Colaborou en diferentes medios de comunicación, por exemplo nos programas "En guàrdia" e "El nas de Cleòpatra" de Catalunya Ràdio, nos programas "Minoria absoluta" e "Tu Diràs" de RAC 1 e no programa "El favorit" de TV3. Traballou como guionista e asesor en series documentais de televisión, como "Els Maquis", "La guerra silenciada" ou "Conviure amb el risc", entre outras.
Traxectoria política
Foi promotor da plataforma Sobirania i Progrés. Desde o 16 de abril de 2008, xusto un ano despois de que se estrease na rede o diario dixital directo!cat, colleu a substitución de Joan Camp na dirección deste medio electrónico de información e actualidade.
O 11 de xuño de 2011 converteuse en alcalde de Sant Vicenç dels Horts, logo de recibir os votos da candidatura que lideraba, Junts per Sant Vicenç (vicentins pel canvi+ERC), ICV-EUiA e CiU, deixando o PSC, a lista máis votada ás eleccións municipais do 22 de maio, na oposición. Desde o 17 de setembro de 2011 é o presidente de Esquerra Republicana de Catalunya.
O 9 de outubro de 2012 Junqueras escribiu un artigo en El Periódico de Catalunya no cal afirmaba rotundamente que "O castelán tamén será oficial na República Catalá", declaración que suscitou a polémica entre os militantes e seguidores do partido.
Nas eleccións municipais de 2015, Junqueras conseguiu tres concelleiros máis respecto ás anteriores eleccións, converténdose así ERC na primeira forza en Sant Vicenç dels Horts. Foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros de Sant Vicenç Sí Puede. O 23 de decembro de 2015 deixou a alcaldía para centrarse exclusivamente no proceso de autodeterminación.
Malia que nunha vista posterior a maioría de conselleiros, agás Joaquim Forn, saíron da cadea despois de pagar unha fianza, o Tribunal Supremo avalou semanas máis tarde a prisión incondicional para Oriol Junqueras, por risco de reiteración delictiva. O seu avogado defensor é Andreu Van den Eynde. O 4 de xullo de 2018 foi trasladado ó Centro Penitenciario Lledoners. Está procesado por rebelión e malversación de fondos. O 19 de outubro recibiu a visita de Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, e Junqueras advertiulle que non aceptaría negociar os Orzamentos Xerais do Estado se o presidente do goberno Pedro Sánchez non facía un xesto «de categoría» dos líderes independentistas na cadea.
O 1 de febreiro de 2019, foi trasladado á prisión madrileña de Soto del Real nun autocar da Garda Civil, para facer fronte ó xuízo que comezou o 12 de febreiro[17] e que acabou o 14 de outubro de 2019 cunha sentenza de 13 anos de cárcere e outros tantos de inhabilitación por sedición e malversación.[5]
Casou en 2013 con Neus Bramona, con quen tivo un fillo e unha filla (Lluc e Joana).[20] Recoñeceu publicamente a súa confesión católica. Foi socio do Centro Excursionista de Sant Vicenç dels Horts, do Orfeó Vicentí e membro do Consello Directivo da Institución Cultural de la Franja de Ponent.[6][21]