O Ollo da Providencia (ou o ollo de Deus que todo o ve) é un símbolo que representa un ollo arrodeado por raios de luz ou gloria polo xeral pechado nun triángulo. Representa o ollo de Deus observando a humanidade (ou divina providencia).[1][2][3] Na era moderna, unha representación notable do ollo é o envés do Gran Selo dos Estados Unidos, que aparece no billete de 1 dólar.
Emprego relixioso
A asociación do ollo co concepto da divina providencia non xurdiu até ben entrada a Era cristiá, na iconografía do Renacemento europeo, onde foi unha imaxe explícita da Santa Trindade. Nas representacións do século XVII, o Ollo da Providencia era representado arrodeados por nubes ou raios de sol.[4]
Outros usos
Escudos de armas e selos
O Ollo da Providencia aparece en moitos escudos de armas e selos oficiais como: