O noso planeta[1] (en inglés: Our Planet) é unha serie documental británica feita por Netflix. A serie está narrada por David Attenborough e producida por Silverback Filmes, liderado por Alastair Fothergill e Keith Scholey, quen tamén creou as series documentais da BBC Planet Earth, Frozen Planet e The Blue Planet, coa colaboración do Fondo Mundial para a Natureza.
A serie aborda cuestións de conservación da natureza ó tempo que animais singulares nos seus respectivos hábitats. A serie saliente polo seu especial enfoque ó impacto humano no medio ambiente en comparanza cos documentais tradicionais, centrándose en que grao o cambio climático afecta a vida de tódalas criaturas. Este foi o primeiro documental xamais feito por Netflix e tódolos episodios foron estreados o 5 de abril de 2019. Netflix que máis de 25 millóns de fogares viron a serie durante o primeiro mes logo da súa estrea.[2] Máis tarde informouse de que 100 millóns de fogares viran a serie a partir de marzo de 2021.[3]
A segunda tempada, O noso planeta II, estreouse o 14 de xuño de 2023 en Netflix,[4] onde conta con versión en lingua galega.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas