Pink Floyd The Wall é unha película estreada no ano 1982 dirixida polo británico Alan Parker, baseada no álbum de Pink Floyd de 1979 The Wall. O guión foi escrito polo vocalista do grupo Roger Waters, aínda que non ten diálogos nin unha liña argumental fixa, senón que está enchida de metáforas visuais e música. Algúns críticos sinalaron semellanzas argumentais e de contido co filme Tommy de The Who.
Foi emitido na Televisión de Galicia o 14 de setembro de 1990.[1]
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 14 de setembro de 1990. Páx. 71