O descoñecido[2] (en castelán: El desconocido) é un filme galego en lingua castelá dirixido polo monfortino Dani de la Torre que se estreou no 2015. Está protagonizado por Luís Tosar e Goya Toledo. Rodada integramente na Coruña,[3] estreouse nos cines de España o 25 de setembro de 2015.
Estreouse en galego o 29 de xullo de 2020 a través da TVG.[4] A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Sinopse
Carlos (Luís Tosar), un executivo de banca, comeza a mañá levando os seus fillos ó colexio, algo excepcional do que adoita encargarse habitualmente a súa muller. Cando arrinca o seu coche, recibe a chamada dun descoñecido para Carlos, pero que o sabe todo sobre el. Esta persoa anúncialle que ten unha bomba debaixo do seu asento e comunícalle que ten tan só unhas horas para xuntar unha gran cantidade de cartos, ou do contrario o coche estoupará.
Personaxes
- Voz da dobraxe galega de Antón Olmos.
- Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas.
- Voz da dobraxe galega de Charo Pena.
- Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo.
- Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia.
- Voz da dobraxe galega de Chelo Díaz.
- Voz da dobraxe galega de Teresa Santamaría.
Palmarés cinematográfico
- XIV edición dos Premios Mestre Mateo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas