O conto da princesa Kaguya[4] (かぐや姫の物語, Kaguya-hime no Monogatari?) é un filme de animación xaponesa producido por Studio Ghibli que se estreou no 2013. Co-escrito e dirixido por Isao Takahata, o filme conta coas voces de dobraxe de Aki Asakura, Kengo Kora, Takeo Chii, Nobuko Miyamoto, Atsuko Takahata, Tomoko Tabata, Tatekawa Shinosuke, Takaya Kamikawa, Hikaru Ijūin, Ryudo Uzaki, Nakamura Shichinosuke II, Isao Hashizume e Tamaki Kojo, e baséase na historia O conto do cortador de bambú.[5][6][7] É o quinto filme de Takahata para Studio Ghibli. Foi estreado o 23 de novembro de 2013. O filme foi aclamado pola crítica e foi nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación na 87ª edición dos premios.
Voces de dobraxe
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas