O carnaval dos animais

Anaco do primeiro movemento.

O carnaval dos animais[1] (en francés: Le carnaval des animaux) é unha suite musical en 14 movementos composta polo compositor romántico francés Camille Saint-Saëns. Esta obra orquestral ten unha duración de entre 22 e 30 minutos.

Historia

Saint-Saëns compuxo O entroido en febreiro de 1886 mentres veraneaba nunha pequena vila de Austria. Orixinalmente concibiuna para un grupo de cámara composto por frauta, clarinete, dous pianos, harmónica de cristal, xilófono, dous violíns, viola, violoncello e contrabaixo, pero tamén se adoita interpretar hoxe na versión para orquestra de corda, e cun glockenspiel en substitución da infrecuente harmónica de cristal.

O compositor propuxo a obra como broma para un día de entroido, así que aparecen leóns, galiñas, tartarugas, canguros, burros e varios animais máis, e ten toques de bo humor por aquí e por alá. Un deles é que Saint-Saëns tomou prestada música doutros compositores e púxoa nun contexto moi distinto do orixinal. Así, inseriu dende cancións antigas francesas até o “Can-can”, pasando por un anaco da Danza macabra do mesmo Saint-Saëns.

Só se deron interpretacións privadas para un círculo de amigos íntimos, como Franz Liszt. Porén, Saint-Saëns dispuxo no seu testamento que a suite podería ser publicada trala súa morte, e dende entón converteuse nunha das súas obras máis populares.

Notas

  1. Kalandraka (ed.). "O carnaval dos animais, publicado por Kalandraka". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 9 de xullo de 2018.