A pesca no mar de Okhotsk principiara a comezos do século XX. Foi considerada unha industria estratéxica, protexida pola armada imperial xaponesa[2]. Axiña comezarían os primeiros conflitos con Rusia e posteriormente coa Unión Soviética. Tras unha exhaustiva investigación, Takiji Kobayashi describiu a vida e traballo dos pescadores en condicións de semiescravitude e o maltrato físico e psicolóxico ó que eran sometidos[2] a bordo do barco Hakuko Maru.
Publicación
Publicouse orixinalmente de forma serializada entre maio e xuño de 1929 na revista de literatura comunista Senki.[3] En setembro dese mesmo ano, publicouse en formato de libro Senki Company.[4] O libro foi prohibido polos censores do goberno,[5] mais non antes de ter vendido uns 15 000 exemplares.[5]
No ano 1953, foi levada ó cine polo director Sō Yamamura.
No 2008, debido ó contexto de crise económica e precariedade laboral, unha reedición da novela acadou un gran suceso de vendas no Xapón[6]. Isto provocou a adaptación da novela ó manga, a varias adaptacións teatrais e a un remake de película orixinal do 1953[6].
Keene, Donald (1998) [1984]. A History of Japanese Literature, Vol. 3: Dawn to the West – Japanese Literature of the Modern Era (Fiction) (paperback ed.). Nova York, NY: Columbia University Press. ISBN978-0-231-11435-6.