OT: El Reencuentro é unha serie de documentais e unha gala-concerto producidos por Gestmusic e emitidos en La 1 de Televisión Española entre o 16 e o 31 de outubro de 2016. Neles rememorábanse os 15 anos da exitosa primeira edición de Operación Triunfo.
O 31 de outubro de 2016 celebrouse no Palau Sant Jordi de Barcelona un gran concerto organizado por Universal Music para poñer fin ao reencontro.
Participantes
Nos documentais e no concerto participaron os 16 concursantes da primeira edición de Operación Triunfo. Ademais, en cada un dos documentais foron acompañados por antigos profesores da academia.
Concursantes
Outros
- Nina Agustí, directora e profesora de técnicas de voz da Academia.
- Noemí Galera, directora de selección.
- Manu Guix, profesor de canto responsable dos obradoiros de estilo.
- Javier Castillo Poty, coreógrafo responsable da gala.
- Àngel Llàcer, profesor de interpretación.
Episodios e audiencias
N.º (temp.)
|
Título
|
Director(es)
|
Data de emisión
|
Audiencia
|
1 |
"Parte 1: La amistad y la música" | Nía Sanjuán | 16 de outubro de 2016 | 4 702 000 (24,8%) |
2 |
"Parte 2: La vida después de La Academia" | Nía Sanjuán | 23 de outubro de 2016 | 3 948 000 (20,9%) |
3 |
"Parte 3: Los recuerdos de OT" | Nía Sanjuán | 30 de outubro de 2016 | 2 909 000 (17,5%) |
4 |
"OT: El Reencuentro, En Concierto" | Nía Sanjuán | 31 de outubro de 2016 | 4 167 000 (27,5%) |
Véxase tamén
Ligazóns externas