Naím Thomas Mansilla, nado en Premià de Mar (Barcelona) o 16 de outubro de 1980, é un cantante e actor español que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo.
Traxectoria
Participou como actor en varios filmes entre 1992 e 2003. En 2001 deuse a coñecer en toda España ao participar na primeira edición de OT, que lle serviu para lanzar o seu primeiro disco. Estivo tres anos nos Ánxeles. Foi presentador nunha canle autonómica de Madrid. A maior parte da súa carreira dedicouna ao teatro e os musicais.
Discografía
- No tengo prisa (2002)
- Con sólo una palabra (2003)
- Nainonain (2007)