Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Nós.
Nós foi unha revista editada na Habana en 1921.
Historia e características
Subtitulado Orgao da "Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana", apareceu en 1921. Dirixido por Sinesio Fraga, entre sus colaboradores figuraron Andrés Rodríguez Orjales, Tomás Rodríguez Sabio, Camilo Díaz Seoane, Fuco Gómez, Xavier Pardo, Óscar Fraga Gómez, A. Legazóne e Xosé Arias Portela. Escrito integramente en galego, reivindicaba a identidade histórica de Galicia como nación e proclamaba o dereito á súa independencia. Na sección Novas da Causa expoñíanse as actividades promovidas por Xuntanza en Galicia e Cuba. Tamén funcionou como foco cultural para fomentar a literatura e a lingua galega. Durou pouco xa que, despois dos primeiros oito números, transformouse en Terra Gallega.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas