Nové Zámky (en húngaro Érsekújvár) é unha cidade no suroeste de Eslovaquia. Conta con 42.262 habitantes (2002).
Historia
A importancia da cidade está na fortaleza construída entre 1573 e 1581 como defensa contra dos otománs. Os turcos asaltaron a fortaleza seis veces sen conseguir rendela, en 1663 os otománs fixéronse coa fortaleza ata 1685, cando as tropas de Carlos de Lorrena entraron na cidade. Durante a segunda guerra mundial os aliados bombardearon a cidade e hoxe só unha pequena parte da fortaleza se conserva.