Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Nova Galicia.
Nova Galiza foi unha publicación galeguista en galego que se editou en Barcelona durante a guerra civil española, de abril de 1937 a xullo de 1938, redactada en lingua castelá e lingua galega, con predominio da segunda.
Historia e características
Apareceu o 5 de abril de 1937. Subtitulada Boletín quincenal dos escritores galegos antifascistas, a súa periodicidade foi quincenal ao principio e mensual despois. Promovida por Castelao e Ramón Suárez Picallo e financiada polo Comisariado de Propaganda da Generalitat de Cataluña, os primeiros números repartíanse gratuitamente, maioritariamente entre soldados galegos do exército republicano.
Entre os colaboradores estiveron Basilio Álvarez, Eduardo Blanco Amor, Ramón Cabanillas Álvarez, Arturo Cuadrado, Ramón Rey Baltar, Ramón Suárez Picallo, Luís Seoane, Serafín Ferro ou Manuel Colmeiro. O último número (nº18) saíu en xuño de 1938, os últimos números estiveron dirixidos por Rafael Dieste.
Rematada a guerra a maior parte dos colaboradores marcharon cara ó exilio e a revista deixouse de publicar.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos