Nova Ardentía é a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar.[1]
A revista procura divulgar o traballo dos grupos que compoñen Culturmar[2]: estudo, recuperación e dignificación da cultura nacida arredor dos mares e ríos galegos, ademais de publicar traballos de investigación e divulgación sobre o tema.
Ardentía
A revista saíu en xullo de 2004 co nome de Ardentía para axudar no Encontro de Embarcacións Tradicionais que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. O director foi Luís Rei Núñez[3] e a maioría dos colaboradores eran membros do Colectivo Etnográfico Mascato do Salnés.[4]
O número 8 foi coordinado por Lino Prieto, debido á morte de Luís Rei.
Números:
nº 1: O patrimonio inmaterial, 2004
nº 2: Barcos e xentes – VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Cambados, 2005