Non Servium é un grupo de Oi! creado en Móstoles (Madrid) en 1997. A formación actual conta co vocalista Carlos, os guitarristas Snoker e Ivi, o baixista Gordo e o batería Neno. Carlos e Snoker son os dous únicos membros orixinais dende os inicios durante toda a traxectoria do grupo.
O nome da banda, "Non Servium", en realidade é un erro morfosintáctico do latín (a forma correcta é "Non serviam"). Pretende significar "non che servirei", o que concorda coa filosofía do grupo: pretender non servirlle a ninguén. A frase é, polo xeral, atribuída a Lucifer. Disque pronunciou estas palabras para rexeitar servir a Deus no reino celestial.
Historia
A banda naceu en 1997 na cidade de Móstoles (Madrid). Os compoñentes iniciais eran Carlos (voz), Snoker (guitarra), Bibi (guitarra), Jose (baixo) e Alvarito (batería). Esta formación gravou o primeiro disco en 1999, "Orgullo obrero", publicado a través de Potencial Hardcore. Tras a gravación, Jose abandona o grupo e é substituído por Gordo (ex-membro de Ignotus). A partir de entón aumenta a potencia nos temas, e sobre todo nos coros.
En maio de 2002 sae á rúa o seu segundo traballo, "NSA (La santa familia)". Cun son máis potente có anterior, supón a consolidación do grupo. Comezan a dar concertos por todo o país e tamén por Europa. A principios de 2005 Bibi marcha da banda, e é substituído por Cristian (ex-membro de Steelcap). Con esta formación comezan a dar concertos en América Latina.
En decembro de 2007 é publicado o terceiro disco, "El imperio del mal". Nel, o son é moito máis elaborado, mais sen afastarse do estilo propio da banda. Pouco antes da saída do disco, Alvarito (batería) e Cristian (guitarra) abandonan o grupo, e entran Ivi (ex-membro de Adversion) e Neno (ex-membro de Ignotus). Esta formación realiza a xira "El imperio del mal", até 2009.
Coa formación xa totalmente estabilizada, en setembro de 2011 aparece o cuarto álbum, "El rodillo del kaos". Un ano despois, en setembro de 2012, o grupo publica "La voz de los malditos", un álbum con versións das bandas que os influenciaron.
A finais de 2013, concluída a xira do seu disco de versións, Non Servium anunciou un parón na súa actividade en directo. Este parón foi aproveitado para compor novos temas. Tras un tempo de descanso, a banda confirmou o regreso aos escenarios en abril de 2015.
En xullo de 2015, a banda entra no estudo para gravar o sexto traballo, producido por Haritz Harreguy e Mr. Chifly (membro de Habeas Corpus). Posteriormente, o grupo anuncia a través de Facebook a capa do disco, "Resurgir", publicado o 2 de outubro, editado polo selo Potencial Hardcore e composto por 11 cancións.
Estilo musical
O estilo de Non Servium é definido esencialmente como Oi! ou "Brutal Oi!", con influencias do punk, street punk e hardcore punk. Son característicos os seus ritmos rápidos de batería e as liñas fortes de baixo e guitarra. As súas letras están cargadas de contido político, aínda que tamén se atopan temas sobre a cultura punk e skinhead ou o movemento hooligan.
Son quizais o maior expoñente do Oi! de temática "antifascista" en castelán. No mesmo xénero tamén son coñecidas bandas de orixe madrileña, como Kaos Urbano, de Alcobendas, e Núcleo Terco, da zona madrileña de Vallecas.
Discografía
- Bronca
- Non Servium
- Punks y Skins
- El Elegido
- Escucha el Oi!
- Cabezas Rapadas
- Lucha Armada
- Mata Hippies
- Nosotros Somos la Venganza (Animales Muertos)
- Orgullo Obrero
- Donde Vamos la Liamos
- Seguimos Siendo
- Hooligans
N.S.A. (La Santa Familia) (2002)
- Ratas
- Violencia
- Mi Clase
- Antinazis
- Jack
- El Espíritu Del Oi!
- En Tus Carnes
- N.S.A. (Non Servium Army)
- Tu Ira
- ¿Qué Pasó En El Lieja?
- Escucha el Oi!
El Imperio del Mal (2007)
- Imperio del Mal
- Nuestra Lucha
- Todos al Suelo
- Mi Vida Loca
- Cambio de Orden
- Muerte en vida
- El Impacto del Discreto
- Lágrimas de Sangre
- Dinero
- Ratas de Ciudad (Vómito)
- Warriors
- Torpedos
El Rodillo del Kaos (2011)
- El Rodillo Del Kaos
- Generación Dormida
- A.C.A.B.
- Nuestra Cruz
- Mi Barrio Or Die
- La Maldición
- 3 Letras
- Sangre Por Sangre
- Civilización
- A.D.R.V. Hools
- Animal
- Bendita Locura
- Los Putos Amos
La Voz de los Malditos (2012)
- Intro
- Brigada Criminal (RIP)
- Callejón sin Salida (Barricada)
- Kaos (The Oppressed)
- Perro Callejero (Efectos Sekundarios – Pota Potaje)
- Bestia, Bestia (Ilegales)
- Ración Doble (Decibelios)
- Civilizate (Distorsion – Asta Kask)
- La 204 (Cicatriz)
- Siempre en Problemas (Cock Sparrer)
- La Gracia de Dios (37 Hostias)
- Os Engañan (Eskorbuto)
- Madrugando (Potrotaino)
- Sociedad (Dekadencia)
- Chicos de la Calle (Toreros After Ole)
- Nación en Llamas (Blitz)
- Intenta Disfrutar (Radikal Hardcore)
- En la Brecha (Zakarrak – Red Alert)
- La Tortura (La Polla Records)
- Señor juez (Zer Bizio?)
- Hijos de Puta (Andanada 7)
- Asesino a Sueldo (MCD)
- A la Calle (Kortatu)
- Canción de Amor (Parabellum)
- Apestan
- Desperté
- Mi Pacto
- Madrid
- Resurgir
- Apártate
- La Era del Terror
- Los Demonios de la Noche
- Buitres
- Mi Prisión
- Rock'n'rolla
Compoñentes
- Actuales
- Carlos - voz (1997–presente)
- Snoker - guitarra (1997–presente)
- Ivi - guitarra (2007–presente)
- Gordo - bajo (1999–presente)
- Niño - batería (2007–presente)
|
- Anteriores
- Bibi - guitarra (1997–2005)
- Cristian - guitarra (2005–2007)
- Jose - bajo (1997–1999)
- Alvarito - batería (1997–2007)
|
Referencias a filmes e a outros temas
- A intro de "Todos al Suelo" pertence á película O nome da rosa.
- A intro de "El Impacto del Discreto" pertence á película Mad Max Beyond Thunderdome.
- A intro de "Warriors" pertence á película Navajeros.
- Dentro de "Warriors" aparece un diálogo de The Warriors (película).
- A intro de "El Imperio del Mal" pertence á película The Passion of the Christ.
- Unha frase do retrouso de "A.C.A.B." pertence á canción "Fuerzas de Seguridad", do grupo punk Vómito. Non Servium colocouna facendo honra, unha vez máis, a esta banda.
- En "Mi Barrio or Die" fan unha adaptación para guitarra da banda sonora do filme Requiem for a Dream.
- O riff inicial de "Ratas" é moi parecido ao riff inicial de "Skyll inte på mig" do grupo sueco Agent Bulldogg.
- A intro de "N.S.A. (Non Servium Army)" é moi parecida ao final da canción "Doc Marten Army" do grupo Stars & Stripes.
- O riff principal de "Seguimos Siendo" é dunha canción do folclore alemán, normalmente cantada coa letra "Was Wollen Wir Trinken".
- O vídeo de "El Imperio del Mal" está gravado nun antigo mosteiro abandonado de Xetafe (Madrid), no cal tiveron lugar os sucesos do estramonio en 2011.
- O Lieja, citado en "¿Qué pasó en el Lieja?", é un bar de Vallecas (Madrid).
- O riff principal de "Torpedo" é unha versión do tema "Surf Rider", da banda The Lively Ones, que aparece na última escena de Pulp Fiction.
- A intro de "El Rodillo del Kaos" pertence á película The Departed.
- "Punks & Skins" contén unha pequena alusión ao tema country "(Ghost) Riders in the Sky".
- A intro de "Ratas" pertence á película Braveheart.
- A intro de "En tus carnes" pertence a O padriño.
- A intro de "Lágrimas de sangre" está composta polas intervencións sobre os Atentados do 11 de marzo de 2004 de José Luís Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy, José María Aznar e Xoán Carlos I de España.
- A intro de "La maldición" pertence á película Pactar co Demo.
- A intro de "ADRV Hools" pertence á película Diario dun hooligan.
- A intro da canción "A.C.A.B." está cantada por Evaristo (ex-vocalista de Gatillazo, The Kagas, The Meas e La Polla Records e vocalista de Tropa do Carallo).
- A intro de "Apestan" pertence á película Acción mutante.
Véxase tamén
Ligazóns externas