O Nissan Patrol é un automóbil todo terreo de serie, producido polo fabricante xaponés Nissan no Xapón dende 1951. Véndese especialmente nos mercados de Australia, Nova Zelandia, América Latina, Europa e Oriente Medio. No Xapón é coñecido como Nissan Safari dende 1980.
Fabrícase en versións de dúas portas, cinco portas ou pickup. Varias versións do Patrol son moi empregadas pola ONU. O vehículo é recoñecido pola súa potencia e durabilidade.
Primeira xeración (serie 4W60, 1951 a 1960)
O 4W60 foi introducido en setembro de 1951, cunha aparencia similar ao Willys MB, aínda que con maiores dimensións. O 4W60 usou o motor NAK de Nissan, de 75 CV de potencia e 3.7 litros, procedente do autobús Nissan 290, pero con tracción ás catro rodas e transmisión manual de catro velocidades. O 4W60 foi substituído polo 4W61 en agosto de 1955.
O 4W61 era similar ao 4W60 coa excepción da grella (con algunhas barras cromadas), un parabrisas dunha soa peza, barras cromadas no capó e asentos de tamaño diferente (o do pasaxeiro era máis ancho que o do condutor). O outro grande cambio foi o do motor. O 4W61 levou un motor Nissan NB de 3.7 litros e 92 CV de potencia, e máis adiante foi equipado polo motor Nissan NC de 4.0 litros e 105 CV. En outubro de 1958, o 4W61 deixou de ser fabricado e foi substituído polo 4W65.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas