Nikola Peković (cirílico: Никола Пековић), nado en Bijelo Polje o 3 de xaneiro de 1986, é un ex xogador de baloncesto montenegrino.
Traxectoria
A súa carreira deportiva comezou en 2001 na categoría xuvenil do KK Budućnost Podgorica, en 2002 mudou para o KK Atlas, co que estivo tres tempadas ata que no verán de 2005 marchou para o KK Partizan de Belgrado, co Partizan gañou tres títulos da Liga serbia (2006, 2007, 2008), dous títulos da Liga Adriática (2007, 2008) e a Copa Serbia de 2008.
No verán de 2008 deixou o Partizan para asinar polo KAE Panathinaikos grego durante tres tempadas, cobrando catro millóns de € por tempada. Xa na súa primeira tempada no Panathinaikos gañou a Euroliga 2008-09, gañando na final ó CSKA de Moscova.
Despois da disolución de Serbia e Montenegro ofrecéronlle xogar na Selección nacional de baloncesto de Serbia pero el preferiu xogar na Selección nacional de baloncesto de Montenegro.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|