Nikita Ilitch Tolstoi |
Nome orixinal | (ru) Никита Ильич Толстой |
---|
|
Nacemento | 15 de abril de 1923 Vršac, Serbia |
---|
Morte | 27 de xuño de 1996 (73 anos) Moscova, Rusia |
---|
Lugar de sepultura | Oblast de Tula (pt) |
---|
Educación | Universidade Estatal de Moscova Philological Faculty of Moscow State University (en) |
---|
Director de tese | Samuil Bernstein (en) e Viktor Vinogradov (en) |
---|
|
Campo de traballo | Lingüística, dialectoloxía, linguas eslavas, filoloxía eslava, Estudos folclóricos (pt) , Antigo eslavo eclesiástico, língua eslava eclesiástica (pt) , etnolinguística (pt) e onomástica |
---|
Ocupación | slavist (en) , folclorista, lingüista, filólogo, profesor universitario |
---|
Empregador | Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova (1952–1956) Institute of Slavic Studies of the Russian Academy of Sciences (en) Universidade Estatal de Moscova |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | Samuil Bernstein (en) |
---|
Alumnos | Olga Vladislavovna Belova (en) , Aleksandr Dulichenko (en) e Anatoly Zhuravlyov (en) |
---|
|
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
---|
|
Doutorando | Aleksandr Dulichenko (en) , Irina Butenko (en) , Anatoly Zhuravlyov (en) e Elena Evgenievna Levkievskaya (en) |
---|
|
Familia | Tolstoi |
---|
Cónxuxe | Svetlana Tolstaya |
---|
Fillos | Fyokla Tolstaya |
---|
Pai | I. I. (Ilʹi︠a︡ Ilʹich) Tolstoĭ |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Belarusian encyclopedia (vol. 15) (en) , (sec:Талсто́й Мікіта Ільіч, p.407) >>>:Талсто́й Мікіта Ільіч Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
---|
Nikita Iljič Tolstoi, nado en Vrsac o 15 de abril de 1923 e finado en Moscova o 27 de xuño de 1996, foi un lingüista e eslavista ruso, gañador do premio Demidov de 1994 [1] e bisneto de Lev Tolstoi
Traxectoria
Nado en Iugoslavia, estudou na súa localidade natal e no primeiro instituto de secundaria serbio-ruso para fillos de emigrantes rusos, época sobre a que escribiu unhas memorias [2]. En 1941-1944, participou no movemento partisano en Serbia e de 1944-1945 loitou en Hungría e Austria[3] na segunda guerra mundial como parte do Exército Vermello.
En 1945 volveu á URSS cos seus pais, ingresou na facultade de filoloxía da Universidade Estatal de Moscova, especializándose en lingua e literatura búlgara. Realizou a súa tese baixo a dirección do académico V.V. Vinogradov e logo ensinou no Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova (1952-1956). En 1954 realizou a tesiña "Kratkie i polnye formy prilagatelnykh v staroslavyanskom iazyke" e en 1972 defendeu a súa tese de doutoramento "Opyt semanticheskogo analiza slavianskoii geograficheskoii terminologii".
Traballou no Instituto de Estudos Eslavos e Balcánicos da Academia de Ciencias da URSS, e alí dende 1977 dirixiu o grupo de etnolingüística e folclore; dende 1968 deu clases na Universidade Estatal de Moscova, a partir de 1976 como profesor titular. Foi redactor xefe adxunto da revista Sovetskoe Slavyanovedeniye (1965-1987) e editor de Voprosy Iazykoznaniya (1969-1970). Membro correspondente da Academia de Ciencias da URSS dende o 26 de decembro de 1984 no Departamento de Literatura e Lingua, e académico dende o 23 de decembro de 1987 e mais tamén foi membro do Presidium da Academia Rusa de Ciencias (1992-1996). Encabezou o grupo soviético, e logo o comité ruso de estudos eslavos (1986-1996).
N. I. Tolstoi foi o fundador da etnolingüística soviética. Nos anos 50 estudou dialectos búlgaros en Basarabia, o mar de Azov e mais Bulgaria. Creou a súa propia escola científica etnolingüística, baseada nun enorme material de campo recollido nas expedicións dialectolóxicas e etnográficas en Polesia [4], e alí dirixiu persoalmente expedicións entre 1962 e 1986. Ademais deu inicio a creación do dicionario Славянские древности.
Notas