Nieves de Hoyos Sancho, nada en Campoo de Enmedio en 1908 e finada en Madrid o 29 de xuño de 2001, foi unha mestra, etnógrafa, folklorista e escritora cántabra, directora e conservadora do Museo del Pueblo.[1]
Traxectoria
Filla do naturista, antropólogo e etnólogo Luís de Hoyos Sainz. Alumna do Instituto-Escola, incorporouse ás investigacións sobre etnografía española iniciada polo seu pai.[2][3] A colaboración intensificouse cando, ademais de discípula e colaboradora, Nieves se converteu en del por mor do agravamento da cegueira progresiva que padeceu.[4]
En 1944 publicou co seu pai o Manual Folklore.
El investigador que quiera conocer a fondo la ciencia folklórica y la vida popular tradicional no debe dejar de leer el eruditísimo libro Manual de Folklore de don Luis de Hoyos y su hija Nieves (ABC, 1949)[5]
Logo do falecemento do seu pai en 1951 Nieves seguiu traballando cos arquivos e material que el recompilara. En 1954 publicou o Refranero agrícola español[6] e mais El traje regional, na que achegou o criterio para clasificar en cinco as zonas en que podían agruparse os traxes rexionais.[7]
Entre 1963 e 1971 dirixiu o Museo del Pueblo[8][9] A súa obra componse de máis dun centenar de traballos e monografías publicados en xornais, semanarios e revistas especializadas e segue sendo referente nas investigacións. O arquivo persoal e a biblioteca de Luis e de Nieves de Hoyos forma parte do fondo bibliográfico do Museo do Traxe, na sección especial. Son 2000 títulos, destacando polo seu volume as de ámbito hispanoamericano.