Niccolò "Nico" Mannion, nado o 14 de marzo de 2001 en Siena, é un xogador italo-americano de baloncesto profesional que xoga no Pallacanestro Varese da Lega Basket Serie A.
Traxectoria
O 18 de novembro de 2020, Mannion foi seleccionado na 48ª posición do Draft da NBA de 2020 polos Golden State Warriors.[1]
O 10 de agosto de 2021, Mannion asinou un contrato de dous anos co Virtus Bologna da Lega Basket Serie A.[2]
O 26 de xuño de 2023, Mannion asinou un contrato por dous anos co Saski Baskonia da Liga ACB.[3] En doce partidos de liga, Mannion acadou 2.0 puntos, 0.7 rebotes e 2.0 asistancias por encontro, en 10 minutos de xogo por partido. O 21 de decembro de 2023, Mannion e o Baskonia acordaron a rescisión do contrato do xogador.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira rolda | |
---|
Segunda rolda | |
---|