A neotenia (tamén chamada xuvenilización)[1] é o atraso ou enlentecemento do desenvolvemento fisiolóxico (ou somático) dun organismo, tipicamente un animal. A neotenia encóntrase tamén nos humanos modernos.[2] Na proxénese, tamén chamada pedoxénese (termo tamén usado para a formación do solo), o desenvolvemento sexual está acelerado.[3]
Tanto a neotenia coma a proxénese teñen como resultado o pedomorfismo (ou pedomorfose), un tipo de heterocronía.[4] Algúns autores definen o pedomorfismo como a retención de características larvarias, como se observa nas píntegas.[5][6][7]
O termo neotenia foi inventado en 1885 por Julius Kollmann cando describiu a maduración do axolote, que permanecía nun estadio acuático adulto con características similares ás dun cágado con branquias, a diferenza doutros anfibios adultos como ras e sapos.[8]
Kollman creou o termo Neotenie, en alemán, que despois pasaría a outros idiomas, que derivou do grego νέος (neos, 'novo, xove') e τείνειν (teínein, 'estirar, estender'). O adxectivo correspondente é neoténico. Para o oposto a neoténico, diferentes autoridades usan os termos "xerontomórfico"[9][10] ou "peramórfico".[11] Bogin sinala que Kollmann pretendía que tivese o significado de "reter a xuventude", pero que, evidentemente, confundiu o termo grego teínein co latinotenere, que tiña o significado que el quería, "reter, manter", para que a nova palabra significase "a retención da xuventude (na idade adulta)".[8]
En 1926, Louis Bolk describiu a neotenia como o principal proceso na humanización.[8] No seu libro de 1977 Ontogeny and Phylogeny (Ontoxenia e filoxenia),[12]Stephen Jay Gould sinalou que o relato de Bolk constituíu un intento de xustificación do racismo e o sexismo "científicos", pero estaba de acordo en que Bolk estivera no certo na idea central de que os humanos se diferenciaron doutros primates ao ser sexualmente maduros en estadios infantís do desenvolvemento corporal.[8]
En humanos
A neotenia en humanos é o enlentecemento ou retardo do desenvolvemento corporal, comparado co dos primates non humanos, que ten como resultado características como cabeza grande, cara plana e brazos e pernas relativamente curtos. Estes cambios neoténicos puideron orixinarse por selección sexual na evolución humana. Á súa vez, puideron permitir o desenvolvemento de capacidades humanas como a comunicación emocional. Porén, os humanos tamén teñen uns narices relativamente grandes e pernas longas, ambas as dúas características peramórficas (non neoténicas). Algúns teóricos evolutivos propuxeron que a neotenia foi unha característica clave na evolución humana.[13]S. J. Gould argumentou que na "historia evolutiva" dos humanos houbo un "mantemento no adulto de características orixinalmente xuvenís dos nosos devanceiros".[14]J. B. S. Haldane reproduce a hipótese de Gould ao afirmar que unha "tendencia evolutiva principal nos sderes humanos" é unha "maior prolongación da nenez e retardo da madurez."[1]Delbert D. Thiessen dixo que a "neotenia faise máis aparente a medida que os primeiros primates evolcionaron ás formas posteriores" e que os primates "evolucionaran cara a unha cara plana."[15] Porén, en relación con algúns grupos que usaron argumentos baseados na neotenia para apoiar o racismo, Gould tamén argumentou "que todo intento de ordenar grupos polo grao de neotenia está fundamentalmente inxustificado" (Gould, 1996, px. 150).[16] Doug Jones argumentou que as tendencias da evolución humana cara á neotenia puideron terse causado por selección sexual para as características faciais neoténicas en mulleres feita polos homes e a neotenia resultante nas faces masculinas (herdada das nais) sería un "subproduto" desta selección sexual para as faces neoténicas femininas.[17]
En animais domésticos
Obsérvase neotenia en animais domesticados como cans e ratos.[18] Isto débese a que dispoñen de máis recursos, teñen menos competición polos recursos e coa diminución da competición entre animais gastan menos enerxía na obtención de recursos. Isto permítelles madurar e reproducirse máis rapidamente que os seus equivalentes silvestres.[18] O ambiente no que se crían os animais domesticados determina se a neotenia estará presente ou non neses animais. A neotenia evolutiva pode orixinarse nunha especie cando se dean estas condicións, e unha especie chega a estar sexualmente madura antes do seu "desenvolvemento normal". Outra explicación para a neotenia en animais domesticados pode ser a selección en favor de certas características de comportamento. O comportamento está ligado á xenética, o que significa que cando unha característica de comportamento é seleccionada favorablemente, unha característica física pode tamén ser seleccionada debido a mecanismos como o desequilibrio de ligamento. A miúdo, os comportamentos xuvenís son seleccionados para domesticar máis doadamente unha especie; a agresividade en certas especies chega durante a idade adulta cando hai unha necesidade de competir polos recursos. Se non hai necesidade de competición, despois non hai tampouco necesidade de agresión. Ao seleccionar comportamentos xuvenís pode levar á neotenia en características físicas porque, por exemplo, coa necesidade reducida de comportamentos como a agresión non hai necesidade de desenvolver características físicas que axudarían nese aspecto. As características que poden ser neotenizadas debido a unha diminución da agresión poden ser un fociño máis curto e un tamaño xeral menor entre os individuos domesticados. Algúns caracteres físicos neoténicos comúns en animais domesticados (principalmente cans, porcos, furóns, gatos e mesmo raposos) son: orellas flexibles, cambios no ciclo reprodutor, colas enroscadas, coloración a manchas, menos vértebras ou acurtadas, ollos grandes, fronte arredondada, orellas grandes e morro acurtado.[19][20]
Cando as funcións que desempeñaban os cans se ampliou desde ser só cans de traballo a ser tamén cans de compañía, os humanos empezaron a facer unha crianza selectiva dos cans en favor da neotenia morfolóxica, e esta crianza selectiva para a "neotenia ou pedomorfismo" tivo o efecto de potenciar os lazos entre os humanos e os cans.[21] Os humanos criaron os cans para que tivesen máis "características físicas xuvenís" na idade adulta como fociños curtos e grandes ollos que se asocian aos cachorros, porque as persoas xeralmente consideran que estas características son máis atractivas. Algunhas razas de cans con fociños curtos e cabezas anchas como as das razas Komondor, San Bernardo e pastor Maremma son máis neoténicas morfoloxicamente que outras razas de cans.[22] Os Cavalier King Charles spaniels son un exemplo de selección para a neotenia, porque presentan grandes ollos, orellas colgantes e pés compactos, o que lles dá unha morfoloxía máis similar aos cachorros que aos adultos.[21]
En 2004, un estudo que utilizou 310 cranios de lobo e uns 700 de can que representaban 100 razas concluíu que a evolución dos cranios dos cans non se pode decribir xeralmente por procesos heterocrónicos, como a neotenia, aínda que algunhas razas de cans pedomórficas teñen cranios que lembran os cranios dos lobos xuvenís.[23] En 2011, a conclusión do mesmo investigador era simplemente que os "cans non son lobos pedomórficos."[24]
Noutras especies
A neotenia foi observada en moitas outras especies. É importante notar a diferenza entre a neotenia parcial e a completa cando se observan outras especies para distinguir entre características xuvenís que son só unha vantaxe a curto prazo e características que proporcionan un beneficio ao longo de toda a vida do organismo; isto podería servir para comprender a causa da neotenia nesas especies. A neotenia parcial é a retención da forma larvaria máis alá da idade de maduración usual coa posibilidade de proxénese no desenvolvemento de órganos sexuais, pero finalmente o organismo aínda madura á forma adulta; isto pode observarse na ra Lithobates clamitans. Un caso de neotenia completa é a do anfibio Ambystoma mexicanum (axolote) e nalgunhas poboacións de Ambystoma tigrinum, que permanecen na súa forma larvaria durante toda a súa vida.[25][26]Lithobates clamitans é parcialmente neoténica: atrasa a súa maduración durante toda a estación invernal, porque non é vantaxosa para ela metamorfizarse á forma adulta ata que hai máis recursos dispoñibles: poden encontrarse eses recursos moito máis doadamente na forma larvaria. Isto é unha das dúas principais causas da neotenia; a enerxía requirida para sobrevivir no inverno como adultos recentemente formados é demasiado custosa, así o organismo mostra características neoténicas ata o momento do ano en que pode sobrevivir mellor como adulto. Ambystoma tigrinum mantén as características neoténicas por razóns similares; porén, a retención destas é permanente debido á falta de recursos dispoñibles durante toda a súa vida. Este é outro exemplo dunha causa ambiental de neotenia dado que estas especies manteñen as características xuvenís porque o ambiente limita a súa capacidade de sobrevivir como forma adulta. Unhas poucas especies de aves mostran neotenia parcial. Un par de exemplos de tales especies son Chiroxiphia linearis e Chiroxiphia caudata. Os machos de ambas as especies manteñen a súa plumaxe xuvenil na idade adulta, pero finalmente pérdena unha vez maduran completamente.[27] En certas especies de aves a retención da plumaxe xuvenil está a miúdo ligada ao momento da muda de cada especie. Para asegurar que non hai solapamento entre a época da muda e a do apareamento, as aves poden mostrar unha neotenia parcial nas súas plumaxes para que os machos non adopten a súa rechamante plumaxe adulta antes de que as femias estean preparadas para aparearse, o cal sería un gasto de enerxía.
A neotenia é común en insectos non voadores como as femias da orde Strepsiptera. A característica de non ter ás nos insectos evolucionou por separado en varias ocasións. Os ambientes que contribuíron á evolución separada deste carácter son: grande altitude, illamento en illas e climas fríos.[28] Estes factores ambientais poden ser responsables da ausencia de ás porque nesas situacións sería desvantaxoso ter unha poboación que está máis espallada, polo que a ausencia de ás sería favorecida polos límites que ten para dispersarse. Ademais, nas temperaturas máis frías pérdese a calor máis rapidamente a través das ás, pola grande superficie que presentan. Por outra parte, as femias de certos grupos de insectos fanse sexualmente maduras sen metamorfizarse a adultos, e algúns insectos que crecen en certas condicións non sempre desenvolven ás. A asencia de ás nalgunhas femias de insectos foi asociada a unha maior fecundidade, e isto incrementaría a fitness do individuo porque a femia produce máis descendencia e, por tanto, transmite máis cantidade dos seus xenes.[28] Neses casos, a neotenia ocorre porque é máis vantaxoso para as femias permanecer sen ás para conservar enerxía, o que incrementará a súa fecundidade. Os áfidos son un grande exemplo de insectos que non desenvolven ás debido aos ambientes nos que viven. Se os recursos son abondosos non hai necesidade de que lles crezan as ás e se teñan que dispersar, senón que permanecen sobre a planta hóspede durante toda a vida; porén, se os recursos diminúen, os seus descendentes deben desenvolver ás para dispersarse procurando outras plantas hóspedes.[29]
Dous ambientes comúns que tenden a favorecer a neotenia son a grande altitude e os climas fríos, porque os individuos neoténicos teñen unha maior fitness que os que se metamorfizan á forma adulta, debido a que a enerxía necesaria para a metamorfose é demasiado custosa para a fitness do individuo, e ademais os individuos neoténicos utilizan os recursos dispoñibles máis doadamente.[30] Esta tendencia pode observarse comparando especies de píntegas que viven a distintas altitudes. Os individuos neoténicos teñen unha maior taxa de supervivencia e unha maior fecundidade que as píntegas que se desenvolveron ata a forma adulta en altitudes máis altas e ambientes máis fríos.[30]
Moitas especies de píntegas e anfibios en xeral teñen características neoténicas debido ao ambiente no que viven. O axolote (Ambistoma mexicanum) e o proteo (Proteus anguinus) son especies de píntegas que manteñen as súas formas acuáticas xuvenís durante toda a súa vida adulta, e son exemplos de neotenia completa. As branquias, que son unha característica xuvenil en anfibios, poden manterse despois da maduración, como ocorre nalgunhas poboacións de Ambistoma tigrinum e no tritón Taricha granulosa.[25]
Os chimpancés bonobos comparten moitas características físicas cos humanos, como os seus cranios neoténicos.[31] A forma do seu cranio non cambia na idade adulta; só incrementa o seu tamaño. Isto débese ao dimorfismo sexual e un cambio evolutivo na temporización do desenvolvemento.[31] Os xuvenís fanse sexualmente maduros antes de que os seus corpos se desenvolvesen completamente a adultos e, debido ás mesmas vantaxes selectivas, os cranios permaneceron neoténicos nas posteriores xeracións.
Nalgunhas especies os custos de enerxía teñen como resultado a neotenia, como nos insectos das familias Gerridae, Delphacidae e Carabidae. Moitas destas especies nestas familias teñen ás máis pequenas neoténicas ou non teñen ás.[29] Similarmente, algunhas especies de grilos perden as súas ás na adultez,[32] mentres que nos escaravellos do xénero Ozopemon, os machos (que se cre son os mellores exemplos de neotenia en coleópteros) son menores que as femias, debido á endogamia.[33] Na térmiteKalotermes flavicollis a neotenia dáse en femias durante a muda.[34]
Noutras especies as condicións ambientais causan neotenia, como na píntega Ambystoma gracile, na que unha maior altitude correlaciónase cunha maior tendencia á neotenia, quizais para axudar a conservar enerxía, tal como se mencionou antes.[35] De xeito similar, a neotenia encóntrase en crustáceos da familia Ischnomesidae, que viven en augas oceánicas profundas.[36]
Notas
↑ 1,01,1Montagu, A. (1989). Growing Young. Bergin & Garvey: CT.
↑Henke, W. (2007). Handbook of paleoanthropology, Volume 1. Springer Books, NY.
↑Hetherington, R. (2010). The Climate Connection: Climate Change and Modern Human Evolution. Cambridge University Press.
↑Hall, B.K., Hallgrímsson, B. Monroe, W.S. (2008). Strickberger's evolution: the integration of genes, organisms and populations. Jones and Bartlett Publishers: Canada.
↑Shea, Brian T. (1989). "Heterochrony in human evolution: The case for neoteny reconsidered". American Journal of Physical Anthropology32 (S10): 69–101. doi:10.1002/ajpa.1330320505.
↑Bertone, J. (2006). Equine geriatric medicine and surgery. Saunders, MI.
↑Trut, L. N. (1999). "Early canid domestication: the farm-fox experiment". American Scientist87 (2): 160–169. doi:10.1511/1999.2.160.
↑ 21,021,1McGreevy, P.D. & Nicholas, F.W. (1999). Some Practical Solutions to Welfare Problems in Dog Breeding. In Animal Welfare. 8: 329-341.
↑Beck, A.M. & Katcher, A.H. (1996). Between Pets and People: The Importance of Companionship. West Lafayette, Indiana: Purdue University Press. ISBN1-55753-077-7
↑Drake, Abby Grace, "Evolution and development of the skull morphology of canids: An investigation of morphological integration and heterochrony" (January 1, 2004). Doctoral Dissertations Available from Proquest. Paper AAI3136721. link
↑Drake, Abby Grace (2011). "Dispelling dog dogma: An investigation of heterochrony in dogs using 3D geometric morphometric analysis of skull shape". Evolution & Development13 (2): 204–213. PMID21410876. doi:10.1111/j.1525-142X.2011.00470.x.
↑ 25,025,1Swingle, W. (1922). "Experiments on the metamorphosis of neotenous amphibians". Journal of Experimental Zoology36 (4): 397–421. doi:10.1002/jez.1400360402.
↑Jordal, B. H.; Beaver, R. A.; Normark, B. B.; Farrell, B. D. (2002). "Extraordinary sex ratios and the evolution of male neoteny in sib-mating Ozopemon beetles". Biological Journal of the Linnean Society75 (3): 353–360. doi:10.1046/j.1095-8312.2002.00025.x.
↑Soltani-Mazouni, N.; Bordereau, C. (1987). "Changes in the cuticle, ovaries and colleterial glands during the pseudergate and neotenic molt in Kalotermes flavicollis (FABR.) (Isoptera : Kalotermitidae)". International Journal of Insect Morphology and Embryology16 (3–4): 221–225. doi:10.1016/0020-7322(87)90022-5.
↑Brokeland, W.; Brandt, A. (2004). "Two new species of Ischnomesidae (Crustacea: Isopoda) from the Southern Ocean displaying neoteny". Deep-Sea Research Part II51 (14–16): 1769–1785. doi:10.1016/j.dsr2.2004.06.034.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wehr, Paul; MacDonald, K; Linder, R; Yeung, G (2001). "Stabilizing and directional selection on facial paedomorphosis". Human Nature12 (4): 383–402. doi:10.1007/s12110-001-1004-z.
Bergstorm, Carl T. e Dugatkin, Lee Alan. "Evolution" W. W. Norton, 2012.
Some of this article's listed sources may not be reliable. Please help improve this article by looking for better, more reliable sources. Unreliable citations may be challenged and removed. (December 2023) (Learn how and when to remove this template message) Nigerian professor of biochemistry This article is an orphan, as no other articles link to it. Please introduce links to this page from related articles; try the Find link tool for suggestions. (December 2023) Ebenezer Olatunde FarombiBor...
Koordinat: 1°16′0″N 103°41′45″E / 1.26667°N 103.69583°E / 1.26667; 103.69583 Untuk kegunaan lain, lihat Jurong. Nama Inggris: Jurong Island Tionghoa: 裕廊岛 (Pinyin: yùláng dǎo) Melayu: Pulau Jurong Tamil: - Pulau Jurong merupakan sebuah pulau buatan yang terletak di barat daya Singapura, pulau ini merupakan bagian dari Kawasan industri Jurong, salah satu kawasan industri di Singapura. Pulau ini terbentuk dari beberapa pulau kecil dari proses reklamas...
Residential in Vancouver, British ColumbiaQubeFormer namesWestcoast Transmission Company Building (1969-2000), Duke Energy Building (2000-2004)General informationStatusCompletedTypeResidentialLocation1333 West Georgia StreetVancouver, British ColumbiaV6E 4V3Coordinates49°17′20″N 123°07′39″W / 49.28889°N 123.12750°W / 49.28889; -123.12750Construction started1968Completed1969Technical detailsFloor count15Design and constructionArchitecture firmRhone and Ireda...
2014 compilation album by Various artistsOne Love, One RhythmCompilation album by Various artistsReleasedMay 8, 2014 (2014-05-08)Genre Latin pop dance-pop EDM Latin house Length51:26LanguageSpanishEnglishPortugueseLabel RCA Sony Music Brasil Producer Arlindo Cruz Ash Pournouri[1] Berman Brothers Carl Falk Carlinhos Brown Charles Chaves Cirkut Dr. Luke J2 DJ Memê John James Powell RedOne[2] Mario Caldato Jr. Quiz & Larossi Salaam Remi[3] Sér...
American teacher and activist Ralph LazoRalph Lazo in a group photo at ManzanarBorn(1924-11-03)November 3, 1924Los Angeles, California, U.S.DiedJanuary 1, 1992(1992-01-01) (aged 67)Los Angeles, California, U.S.NationalityAmericanAlma materUniversity of California, Los AngelesCalifornia State University, NorthridgeOccupation(s)Teacher, soldierMilitary careerAllegiance United StatesService/branch United States ArmyYears of service1944–1946RankStaff SergeantBattles/war...
Sport of Boccia at the 2020 Summer Paralympics Bocciaat the XVI Paralympic GamesBoccia pictogram of the 2020 Summer ParalympicsVenueAriake Gymnastics CentreDates28 August – 4 September 2021Competitors116 in 7 events←20162024→ Boccia at the2020 Summer ParalympicsIndividualBC1BC2BC3BC4TeamBC1–2PairsBC3BC4vte A mixed pairs BC3 match at the Tokyo 2020 Paralympic Games. Boccia at the 2020 Summer Paralympics in Tokyo, Japan, took place at the Ariake Gymnastics Centre. There were expected t...
Pour les articles homonymes, voir République de Hongrie. République des conseils de Hongrie(hu) Magyarországi Tanácsköztársaság 21 mars 1919 – 1er août 1919(4 mois et 11 jours)Drapeau de la république des conseils de Hongrie. Emblème de la république des conseils de Hongrie. Devise en hongrois : Világ proletárjai, egyesüljetek! (« Prolétaires de tous les pays, unissez-vous ! ») Hymne L'Internationale Rouge : la r�...
Hong Kong Federation of Education Workers香港教育工作者聯會Founded13 April 1975; 49 years ago (1975-04-13)Headquarters17/F, Bright Way Tower, 33 Mong Kok Road, KowloonLocation Hong KongMembers 42,000 (as of 2021)[1]Key peopleWong Kwan-yu (President)Chow Sai-yiu (Vice-president)Wong Kam-leung (Chairman)AffiliationsPro-BeijingWebsitewww.hkfew.org.hk Hong Kong Federation of Education WorkersTraditional Chinese香港教育工作者聯會Simplified Chi...
Voce principale: Hyvinkää Falcons. Hyvinkää Falcons 2014Stagione 2014Sport football americano Risultati1DTerzo posto Record (V-S-P)4-4-0 Play-offSpagettimalja N1DSettimo posto Record (V-S-P)2-5-0 Statistiche individualiMiglior marcatoreCampionato: pre-stagione: A. Miettinen (13)stagione regolare: V. Rontu (30)Play-off: A. Miettinen (22)Totale: A. Miettinen (61) Cronologia delle stagioni 2013 2015 Questa voce raccoglie le informazioni riguardanti gli Hyvinkää Falcons nelle competizioni ...
آن ذات الألف يومAnne of the Thousand Days (بالإنجليزية) معلومات عامةالصنف الفني دراما، ملحميالموضوع عقوبة الإعدام تاريخ الصدور 1969مدة العرض 145 دقيقةاللغة الأصلية الإنجليزيةالبلد المملكة المتحدةالجوائز جائزة الأوسكار لأفضل تصميم أزياء (1968)منحت لـ Margaret Furse (en) الطاقمالمخرج Charles Jarrott...
2002 single by N*E*R*DProviderSingle by N*E*R*Dfrom the album In Search Of... A-sideLapdance (UK)Released2002GenreAlternative rockelectro-funkLength4:24LabelVirginSongwriter(s)N.E.R.DProducer(s)The NeptunesN.E.R.D singles chronology Rock Star (2002) Provider (2002) She Wants to Move (2004) Provider is a song by American funk rock band N*E*R*D from their debut studio album, In Search Of.... The song was the third and final single from the album. It managed to gain minor popularity in Europ...
Directed acyclic graph with ≤1 directed paths between any two nodes Not to be confused with MultiTree. The butterfly network, a multitree used in distributed computation, showing in red the undirected tree induced by the subgraph reachable from one of its vertices. In combinatorics and order theory, a multitree may describe either of two equivalent structures: a directed acyclic graph (DAG) in which there is at most one directed path between any two vertices, or equivalently in which the su...
American journalist Lydia PolgreenPolgreen at the 2018 Committee to Protect Journalists International Press Freedom AwardsBornLydia Frances Polgreen1975 (age 48–49)United StatesAlma materSt. John's CollegeColumbia UniversityOccupationJournalistNotable credit(s)The Huffington PostThe New York TimesSpouseCandace Feit Lydia Frances Polgreen (born 1975) is an American journalist. She is best known for having been the editor-in-chief of HuffPost.[1] She also spent about one...
artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapikan, silakan hapus templat ini. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Sampul The Lion and the Cobra adalah album perdana Sinéad O'Connor. Pada saat itu O'connor berusia 20 tahun dan sedang mengandung anak pertamanya...
روبن مندوزا معلومات شخصية الميلاد 2 يونيو 1931 سانت لويس الوفاة 11 أبريل 2010 (78 سنة) سانت لويس مركز اللعب مهاجم الجنسية الولايات المتحدة مسيرة الشباب سنوات فريق 1944–1947 أتلانتي المسيرة الاحترافية1 سنوات فريق م. (هـ.) 1951 Zenthoefer Furs [الإنجليزية] 1952 St. Louis Kutis S...
Sanremo Music Festival 2008La parola alla musicaDatesSemi-final 125 February 2008Semi-final 226 February 2008Semi-final 327 February 2008Semi-final 428 February 2008Final1 March 2008HostVenueTeatro AristonSanremo, Liguria, ItalyPresenter(s)Pippo Baudoand Piero Chiambretti, Bianca Guaccero, Andrea OsvártMusical directorPippo CarusoArtistic directorPippo BaudoHost broadcasterRai 1VoteVoting systemMixed (popular jury, quality jury and televotes)Big Artists sectionNumber of entries20WinnerGiò D...
Agent that kills members of the arachnid subclass Acari This article is about pesticides that kill mites. For drugs to treat roundworm infections, see Ascaricide. Chemical structure of permethrin, a common acaricide. Acaricides are pesticides that kill members of the arachnid subclass Acari, which includes ticks and mites. Acaricides are used both in medicine and agriculture, although the desired selective toxicity differs between the two fields. Terminology More specific words are sometimes ...
Questa voce sull'argomento calciatori seychellesi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Philip ZialorNazionalità Seychelles Calcio RuoloCentrocampista Termine carriera2011 - giocatore CarrieraSquadre di club1 2000-2004 Saint-Michel United? (?)2005-2006 St. Louis Suns Utd? (?)2007-2009 Saint-Michel United? (?)2009-2011 Anse Réunion? (?)2011 Saint-Michel United? ...
Disambiguazione – Se stai cercando l'omonimo tiratore di tiro a volo italiano, vedi Gabriele Rossetti (tiratore). Gabriele Pasquale Giuseppe Rossetti Gabriele Pasquale Giuseppe Rossetti (Vasto, 18 febbraio 1783 – Londra, 16 aprile 1854) è stato un poeta, critico letterario e patriota italiano. Indice 1 Biografia 2 La famiglia 3 Pensiero 4 Luoghi rossettiani 5 Opere 6 Note 7 Bibliografia 8 Altri progetti 9 Collegamenti esterni Biografia Gabriele Rossetti, figlio di Nicola e Maria Frances...