Ambystoma gracile é unha especie de píntega que vive a costa noroeste do Pacífico de Norteamérica. É unha píntega bastante grande que crece ata unha lonitude de 220 mm. Encóntrase desde o sueste de Alasca en May Island, a través do estado de Washington e Oregón ata o sur da desembocadura do río Gulala no condado de Sonoma, California. Aparece desde o nivel do mar ata a liña de árbores, pero non ao leste da divisoria das Cascadas. A súa área de distribución inclúe a illa de Vancouver na Columbia Británica e as illas de San Juan, Cypress, Whidbey, Bainbridge e illas Vashon en Washington.[2]
Descrición
A masa de ovos é moi firme, parece como un cerebro cunha capa de xelatina que rodea toda a masa. Cada ovo ten 2 mm de diámetro e toda a masa de ovos ten o tamaño dun puño humano. As masas de ovo deposítanse na auga a uns 0,5–2 metros baixo a superficie.
Os anfibios acabados de eclosionar son de 1-35 mm de longo con branquias plumosas a un lado do corpo. Os xuvenís son 16–105 mm de longo do fociño ao ano. Os adultos son de 40–107 mm de longo de fociño ao ano.
Distribución e hábitat
Aparecen formas manchadas na porción norte da súa área de distribución.[2][3] Unha liña divisoria situada na latitude de 51°N separa as dúas subespecies recoñecidas, ao norte desa liña vive A. g. decorticatum e ao sur A. g. gracile.[2]
As poboacións con adultos neoténicos son comúns; a frecuencia de adultos con branquias increméntase coa altitude, xa que eses adultos a altitudes baixas e intermedias son case todos terrestres, mentres que os adultos a altutudes moi elevadas son principalmente neoténicos.[4] Un exemplo dunha poboación pedomórfica desta píntega é a do lago Cráter, Oregón; a poboación é sintópica con Taricha granulosa.[5]
Os adultos terrestres viven en mesohábitats desde pradeiras a bosques mesofíticos. Os adultos terestres son principalmente escavadores, e son xeralmente activos na superficie só durante as chuvias fortes e as migracións primaverais cara aos seus sitios de reprodución acuáticos. Porén, poden ás veces encontrarse baixo troncos e outras rsiduos superficiais fóra da estación reprodutora.[3][6]
Conservación
Descoñécese o status de conservación das poboacións de Ambystoma gracile.[7] Non se observan declives aparentes no Canadá.[8] Nas montañas Cascadas de Washington, A. gracile é moito menos abundante en bosques novos que nos vellos.[9] Porén, un estudo feito no oeste de Oregón encontrou pouca correlación entre a abundancia de píntegas e a idade do lugar, polo que non está claro se A. gracile require bosques vellos para prosperar.[10] Porén, a corta total de árbores nunha área, parece facer que o hábitat sexa inadecuado; non se encontrou ningunha destas píntegas en zonas de corta recente de árbores. Deixar unha zona tampón de bosque de 200–250 m arredor dos sitios de reprodución usados polos adultos terrestres pode preservar unhas condicións óptimas para as poboacións locais.[3]
↑ 2,02,12,2Snyder, R.C. 1963. Ambystoma gracile. Catalogue of American Amphibians and Reptiles: 1-2.
↑ 3,03,13,2Petranka, J. W. (1998). Salamanders of the United States and Canada. Smithsonian Institution Press, Washington and London.
↑Eagleson, G. W. (1976). A comparison of the life histories and growth patterns of populations of the salamander Ambystoma gracile (Baird) from permanent low-altitude and montane lakes. Canadian Journal of Zoology, 54, 2098-2111.
↑Efford, I. E. and Mathias, J. A. (1969). "A comparison of two salamander populations in Marion Lake, British Columbia." Copeia, 1969, 723-736.
↑Blaustein, A. R., Wake, D. B., and Sousa, W. P. (1994). "Amphibian declines: Judging stability, persistence, and susceptibility of populations to local and global extinctions." Conservation Biology, 8(1), 60-71.
↑Weller, W. and Green, D. M. (1997). Checklist and current status of Canadian amphibians. Amphibians in Decline: Canadian Studies of a Global Problem. D. M. Green, eds., Herpetological Conservation, 309-328.
↑Aubry, K. B., and Hall, P. A. (1991). Terrestrial amphibian communities in the southern Washington Cascade Range. Wildlife and Vegetation of Unmanaged Douglas-fir Forests, General Technical Report PNW-GTR-285. Ruggiero, L. F., Aubry, K. B., Carey, A. B., and Huff, M. H., technical coordinators, eds., USDA Forest Service, Northwest Research Station, Olympia, Washington., 326-338.
↑Corn, P. S. and Bury, R. B. (1991). Terrestrial amphibian communities in the Oregon Coast Range. Wildlife and Vegetation of Unmanaged Douglas-fir Forests, General Technical Report PNW-GTR-285. K. Ruggiero, B. Aubry, A. B. Carey, and M. H. Huff, technical coordinators, eds., USDA Forest Service, Pacific Northwest Research Station, Olympia, Washington., 304-317.