Nelson Pereira dos Santos, nado en São Paulo o 22 de outubro de 1928 e finado no Río de Xaneiro o 21 de abril de 2018, foi un director de cinema brasileiro. Dirixiu filmes como Vidas secas, baseado no libro homónimo de Graciliano Ramos.
Traxectoria
Pereira dos Santos naceu en São Paulo e o primeiro filme que dirixiu foi Rio 40°, estreado en 1965. O filme é a crónica da vida nas favelas do Río de Xaneiro, e influíu algúns outros directores, impulsando o movemento do Cinema Novo.
O seu filme máis coñecido fóra do Brasil é Como Era Gostoso o Meu Francês (1971), que participou no 21.º Festival de cinema de Berlín.[1] Está ambientado no século XVI e retrata as supostas prácticas caníbales dos guerreiros tupinambas contra os colonizadores franceses e portugueses do litoral brasileiro. Na 44.ª edición do mesmo festival participou o filme A Terceira Margem do Rio.[2]
En Brasília 18% (2006) explora algúns dos aspectos escuros da política brasileira do momento e a corrupción política, o asasinato de testemuñas de xuízos e o lavado de cartos.
Pereira dos Santos foi membro da Academia Brasileira de Letras dende 2006.[3] Faleceu dun fallo multiorgánico o 21 de abril de 2018 aos 89 anos.[4]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Darlene J. Sadlier: Nelson Pereira dos Santos (Contemporary Film Directors), University of Illinois Press, 2003, ISBN 0-252-07112-3
Ligazóns externas