Neisseria gonorrhoeae

Neisseria gonorrhoeae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Neisseriales
Familia: Neisseriaceae
Xénero: Neisseria
Especie: N. gonorrhoeae
Nome binomial
Neisseria gonorrhoeae
Zopf, 1885
Sinonimia

Gonococcus Neisser 1879

Neisseria gonorrhoeae ou gonococo é unha especie de bacterias gramnegativas que aparece ao microscopio como un diplococo con forma de gran de café, causante das infeccións de transmisión sexual que orixinan a gonorrea.[1]

O seu tamaño varía entre 0,6 e 1 µm de diámetro (tamaño medio 0,8 µm). Os microorganismos visualízanse ao microscopio de luz como diplococos intracelulares, dentro dos neutrófilos, o que serve para o diagnóstico.

Historia

N. gonorrhoea foi descrita por primeira vez por Albert Neisser en 1879 a partir de exsudados de pacientes con uretrite e oftalmia neonatal, e del procede o nome do xénero Neisseria.[2] Cinco anos despois os traballos do bacteriólogo danés Hans Gram permitiron a identificación do gonococo mediante a tinguidura de Gram, e en 1885 Ernest Bum illou o microorganismo nun medio artificial. En 1959 introdúcese a proba de anticorpos fluorescentes para a identificación desta especie, e en 1964, Thayer e Martin desenvolven un medio selectivo con antibióticos, exclusivo para o crecemento de N. gonorrhoeae, que é o que se emprega actualmente.

Microbioloxía

Cultivo

Neisseria gonorrhoeae cultivada en dous medios diferentes e presentada en 3d estereoscópico.

Os gonococos son bacterias fráxiles, de crecemento lento e con requirimentos nutricionais estritos. Dado que con frecuencia deben ser illados de áreas que conteñen un gran número de microorganismos da flora normal como o tracto xenital e mesmo de localizacións que poden acoller a outras especies de Neisseria como a orofarinxe, desenvolvéronse medios especiais para illar N. gonorrhoeae.

As Neisseria son cocos gramnegativos esixentes que requiren un suplemento de nutrientes para crecer nos cultivos de laboratorio. Especificamente crecen en ágar chocolate con dióxido de carbono. Estes cocos son intracelulares facultativos e tipicamente aparecen en pares formando diplococos con forma de grans de café.[3]

Para illar as Neisseria xeralmente se usa ágar Thayer-Martin (ou ágar VPN), unha placa de ágar que contén antibióticos (vancomicina, colistina, nistatina, e TMP-SMX) e nutrientes que facilitan o crecemento das especies de Neisseria á vez que inhiben o crecemento de bacterias contaminantes e fungos. Probas adicionais para distinguir as especies son a proba da oxidase (todas as Neisseria patóxenas dan positivo) e a proba dos carbohidratos maltosa, sacarosa, e glicosa nas cales N. gonorrhoeae só poderá oxidar (utilizar) a glicosa.

Fisioloxía

Como todas as bacterias, N. gonorrhoeae reprodúcese asexualmente por división binaria, orixinándose dúas células fillas aproximadamente do mesmo tamaño, pero esta división non é completa, xa que non se separan os tabiques ou septos de cada unha das células que se orixinan, e de alí que se dispoñan en pares (diplococos). Son aerobios e/ou anaerobios facultativos e crecen mellor a unha temperatura entre 35 °C e 37 °C, nunha atmosfera entre 3% e 5% de CO2 e cun pH entre 7,2 e 7,6. Experimentan autólise rápida cando se expoñen ao aire do ambiente, ao desecamento, luz ultravioleta, sales de prata, fenol e calor húmida a 55ª C. Como se dixo anteriormente, diferéncianse doutras especies de Neisseria pola súa capacidade de transformar a glicosa, pero non a maltosa, sacarosa, lactosa, frutosa e manosa en ácido por medio da proba de ágar CTA (tripticase cistina) e pola súa resposta positiva nas probas da oxidase e catalase.

As N. gonorrhoeae teñen motilidade por retorcemento e sacudidas (twitching motility) e posúen pili de tipo IV para adherirse a superficies. Os pili de tipo IV funcionan mecanicamente de xeito similar a un garfio de moitas puntas ou rizón. Estes pili esténdense e únense ao substrato, o que é o sinal para que o pilus se retraia, arrastrando a célula cara a adiante. N. gonorrhoeae pode arrastrar así cen mil veces o seu propio peso e dise que estes pili son proporcionalmente os motores biolóxicos máis fortes coñecidos, que exercen unha forza de 1 nanonewton.[4]

N. gonorrhoeae ten proteínas de superficie chamadas proteínas Opa, que se unen a receptores das células inmunitarias, o que fai que a bacteria poida impedir a resposta inmunitaria. O hóspede non pode desenvolver unha memoria inmunolóxica contra N. gonorrhoeae, o cal quere dicir que é posible unha futura reinfección. N. gonorrhoeae pode tamén evadir o sistema inmunitario por medio dun proceso chamado variación antixénica, no cal a bacteria pode alterar os determinantes antixénicos (sitios aos que se unen os anticorpos) como son as proteínas Opa[5] e os pili de tipo IV[6] que inzan a súa superficie. As moitas permutacións que pode haber nas súas proteínas de superficie fai máis difícil que as células inmunitarias recoñezan a N. gonorrhoeae e organicen unha defensa.[7]

N. gonorrhoeae é naturalmente competente para a transformación do ADN e a conxugación. Estes procesos permiten que o ADN de N. gonorrhoeae sufra cambios. É especialmente perigoso sanitariamente a capacidade de conxugarse que ten, xa que orixina resistencia a antibióticos.

En 2011, investigadores da Northwestern University encontraron evidencias da existencia dun fragmento de ADN humano no xenoma de Neisseria gonorrhoeae, o cal é o primeiro exemplo de transferencia horizontal de xenes desde os humanos a un patóxeno bacteriano.[8][9]

Gonorrea

Artigo principal: Gonorrea.

Os síntomas da infección por N. gonorrhoeae dependen do lugar do corpo onde se produza. Algúns casos son asintomáticos, especialmente en mulleres.

A infección nos xenitais orixina descargas purulentas desde os xenitais, que poden feder, e hai tamén inflamación, inchamento, e disuria.

N. gonorrhoeae pode tamén causar conxuntivite, farinxite, proctite ou uretrite, prostatite e orquite.

A conxuntivite é común en neonatos, polo que a estes xeralmente se lles aplica nitrato de prata ou antibióticos nos ollos como medida preventiva. A conxuntivite por gonorrea neonatal contráese cando o neno se expón á N. gonorrhoeae no canal do parto e pode orixinar danos ou perforacións na córnea, que causen cegueira.

As infeccións diseminadas por N. gonorrhoeae poden orixinar endocardite, meninxite ou síndrome artrite-dermatite gonocócica. Esta última síndrome preséntase con dores articulares, tenosinovite e dermatite indolora que non proe.

A infección nos xenitais femininos por N. gonorrhoeae pode orixinar enfermidade inflamatoria pélvica se non se trata, que pode causar infertilidade. Esta doenza orixínase se N. gonorrhoeae chega ao peritoneo pélvico (a través do cérvix, endometrio e trompas de Falopio). A infertilidade débese á inflamación e cicatrización das trompas de Falopio. O risco de infertilidade considérase do 10 ao 20% nas mulleres infectadas con N. gonorrhoeae.

Tratamento e resistencia

Antes, o tratamento inicial contra a N. gonorrhoeae era a penicilina, pero se é resistente aos antibióticos da familia da penicilina úsase xeralmente ceftriaxone (unha cefalosporina de terceira xeración). As parellas sexuais do paciente deberían ser tamén notificadas e tratadas.[10]

Os epidemiólogos detectaron ao longo das últimas décadas casos crecentes en número de gonorrea resistente a antibióticos. Na década de 1940 a gonorrea tratábase con penicilina, pero ao longo dos anos houbo que ir aumentando progresivamente a dose ata que chegou a ser ineficaz, e na década de 1970, a gonorrea resistente á penicilina e tetraciclina apareceu na Cunca do Pacífico. Estas cepas resistentes espalláronse despois por Hawai, California, resto de EEUU e Europa. As fluoroquinolonas foron a seguinte liña de defensa utilizada, pero axiña apareceu resistencia a elas. Desde 2007, o tratamento estándar son as cefalosporinas de terceira xeración, como ceftriaxone, que se considera que é a nosa “última liña de defensa.”[11]

Recentemente, descubriuse no Xapón unha cepa resistente a niveis altos de ceftriaxone, chamada H041. As probas de laboratorio mostraron que era resistente a altas concentracións de ceftriaxone, e á maioría dos outros antibióticos comprobados. N. gonorrhoeae ten xenes que lle confiren resistencia a todos os antibióticos usados para curar a gonorrea, pero ata agora eses xenes non están nunha mesma cepa da bacteria, senón en cepas distintas. Como N. gonorrhoeae ten unha alta afinidade pola transferencia horizontal de xenes, a resistencia aos antibióticos do gonococo considérase que é unha ameaza emerxente para a saúde pública.[11]

É frecuente que as infeccións por gonococo vaian acompañadas doutras infeccións de transmisión sexual, como as infeccións por Chlamydia. A transmisión redúcese co uso de condóns e limitando o número de parellas sexuais.

Vacina

Debido á frecuencia relativa da infección e o desenvolvemento emerxente de resistencia aos antibióticos en cepas de N. gonorrhoeae, crese que a obtención dunha vacina debe ser un obxectivo importante para a prevención da infección. Porén, tense feito relativamente pouca énfase na investigación para obter esa vacina, como se observa examinando a literatura médica, e hai poucos ensaios clínicos para vacinas potenciais. A capacidade de desenvolver unha vacina efectiva está limitada pola falta de inmunidade adquirida xerada por esta infección e pola falta de compromiso e recursos na investigación para obtela.[12]

Sobrevivencia dos gonococos

Os exsudados producidos polos individuos infectados conteñen moitos leucocitos polimorfonucleares (PMN) que levan no seu interior gonococos que foron fagocitados. Estes gonococos estimulan aos neutrófilos polimorfonucleares a liberar unha explosión oxidativa interna na que interveñen especies reactivas do oxíxeno para matar os gonococos.[13] Porén, unha fracción significativa dos gonococos poden resistir este ataque e poden reproducirse dentro dos fagosomas dos neutrófilos polimorfonucleares.

Stohl e Seifert demostraron que a proteína bacteriana RecA, que media a reparación recombinatoria dos danos do ADN, xoga un importante papel na supervivencia dos gonococos.[14] A protección proporcionada pola proteína RecA pode estar ligada á transformación, o proceso polo cal un gonococo receptor capta ADN dos gonococs veciños e intégrao no seu propio xenoma por recombinación. Michod et al. suxeriron que un importante beneficio da transformación para N. gonorrhoeae pode ser a reparación recombinacional dos danos oxidativos no ADN causados polo ataque oxidativo das células fagocíticas do hóspede.[15]

Notas

  1. Ryan KJ, Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9. 
  2. Microbiologia - Zinsser (edición en español) (en inglés) (20 ed.). Editorial Medica Panamericana. 1997. ISBN 9500626152. 
  3. Genco, C; Wetzler, L (editors) (2010). Neisseria: Molecular Mechanisms of Pathogenesis. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-51-6. 
  4. "Mighty microbe pulls 100,000 times its bodyweight". New Scientist. 19 April 2008. Consultado o 2009-07-01. 
  5. Stern, Anne; Brown, Nickel, Meyer (10). "Opacity genes in Neisseria gonorrhoeae: Control of phase and antigenic variation". Cell 47 (1). 
  6. Cahoon, Laty; Seifert (4). "Focusing homologous recombination: pilin antigenic variation in the pathogenic Neisseria". Mol. Microbiol. 81 (5): 1136–1143. 
  7. STI Awareness: Gonorrhea Arquivado 31 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Planned Parenthood Advocates of Arizona. 11 April 2011. Retrieved 31 August 2011.
  8. "Gonorrhea Acquires a Piece of Human DNA: First Evidence of Gene Transfer from Human Host to Bacterial Pathogen". ScienceDaily.com. 13 February 2011. Consultado o 15 February 2011. 
  9. Anderson, Mark T.; H. Steven Seifert (15). "Opportunity and Means: Horizontal Gene Transfer from the Human Host to a Bacterial Pathogen". MBio 2 (1): e00005–11. PMC 3042738. PMID 21325040. doi:10.1128/mBio.00005-11. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  10. "UK doctors advised gonorrhoea has turned drug resistant". BBC News. 10 October 2011. 
  11. 11,0 11,1 STI Awareness: Antibiotic-Resistant Gonorrhea Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine.. Planned Parenthood Advocates of Arizona. 6 March 2012. Retrieved 6 March 2012.
  12. Zhu W, Chen CJ, Thomas CE, Anderson JE, Jerse AE, Sparling PF (2011). "Vaccines for gonorrhea: can we rise to the challenge?". Front Microbiol 2: 124. PMC 3109613. PMID 21687431. doi:10.3389/fmicb.2011.00124. 
  13. Simons MP, Nauseef WM, Apicella MA (2005). Interactions of Neisseria gonorrhoeae with adherent polymorphonuclear leukocytes. Infect Immun 73(4):1971-1977. PMID 1578453
  14. Stohl EA, Seifert HS (2006). Neisseria gonorrhoeae DNA recombination and repair enzymes protect against oxidative damage caused by hydrogen peroxide. J Bacteriol 188(21):7645-7651. PMID 16936020
  15. Michod RE, Bernstein H, Nedelcu AM (2008). Adaptive value of sex in microbial pathogens. Infect Genet Evol 8(3):267-285. Review. PMID 18295550 http://www.hummingbirds.arizona.edu/Faculty/Michod/Downloads/IGE%20review%20sex.pdf Arquivado 11 de maio de 2020 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Artikel bermasalah Ini adalah artikel yang memenuhi kriteria penghapusan cepat artikel tentang orang, hewan individu, organisasi (grup musik, klub, perusahaan, dll.), konten web, atau peristiwa yang terselenggara yang tidak mengindikasikan kepentingan subjeknya. Lihat KPC A7.%5B%5BWP%3ACSD%23A7%7CA7%5D%5D%3A+Artikel+yang+tidak+dapat+memberikan+klaim+kepentingan+subjekA7 Jika artikel ini tidak memenuhi syarat KPC, atau Anda ingin memperbaikinya, silakan hapus pemberitahuan ini, tetapi...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. Osilator hampa udara adalah osilator yang dapat menghantarkan medan listrik dan medan magnet di ruang hampa udara. Penggunaan osilator hampa udara adalah untuk frekuensi tinggi. Nilai frekuensinya dapat mencapai beberapa MegaHertz. Frekuensi awalnya di...

 

Kaisar Wen dari SuiKaisar Dinasti SuiBerkuasa4 Maret 581 - 13 Agustus 604PenerusYang Guang, Kaisar YangInformasi pribadiKelahiranYang Jian21 Juli 541Kematian13 Agustus 604Istana RenshouNama periodeNama anumertaWen (文)Nama kuilGaozu (高租)AyahYang ZhongIbuLü KutaoPasanganDugu Qieluo Sui Wendi (隋文帝) Nama keluarga: Yang (楊|杨, yáng) Nama pemberian: Yang Jian (楊堅) Masa pemerintahan: 581–604 Nama era:(tanggal) Kaihuang (開皇)581–600 Nama anumerta:(panjang) – Nama anumert...

Chabenet Les quais. Localisation Pays France Commune Le Pont-Chrétien-Chabenet Quartier Chabenet Adresse Rue de la Gare 36800 Le Pont-Chrétien-Chabenet Coordonnées géographiques 46° 37′ 35″ nord, 1° 30′ 28″ est Gestion et exploitation Propriétaire SNCF Exploitant SNCF Code UIC 87597112 Site Internet La gare de Chabenet, sur le site de la SNCF Service TER Centre-Val de Loire Caractéristiques Ligne(s) Les Aubrais - Orléans à Montauban-Ville-Bourb...

 

The Lumberjack Band in a 1950 programLocationCity StadiumConferenceAmerican Professional Football AssociationFounded1921 (1921)Fight songGo! You Packers! Go! The Lumberjack Band was a marching band that played at Green Bay Packers' games. The band earned its name because of the plaid flannel jackets its members originally wore. Formed in 1921, the Lumberjack Band was originally made up of volunteers.[1] Throughout the 1920s and 1930s, the band accompanied groups of fans to road g...

 

Historic building in Manhattan, New York United States historic placeTheodore Roosevelt BirthplaceU.S. National Register of Historic PlacesU.S. National Historic SiteNew York City Landmark Location28 East 20th StreetNew York, New York, U.S.Coordinates40°44′19.7″N 73°59′20″W / 40.738806°N 73.98889°W / 40.738806; -73.98889Area0.11 acre (450 m2)Built1848 (demolished 1916)rebuilt 1923 (replica)ArchitectTheodate Pope Riddle (replica)Visitation11,158 (2005)Websit...

سفارة إيران في بولندا إيران بولندا الإحداثيات 52°14′04″N 21°03′21″E / 52.2345°N 21.0559°E / 52.2345; 21.0559 البلد بولندا  المكان وارسو  الاختصاص بولندا،  وليتوانيا[1]  الموقع الالكتروني الموقع الرسمي تعديل مصدري - تعديل   سفارة إيران في بولندا هي أرفع تمثيل دبلوم�...

 

Basmin Mattayang Bupati Luwu ke-19Masa jabatan15 Februari 2019 – 15 Februari 2024PresidenJoko WidodoGubernurNurdin AbdullahAndi Sudirman Sulaiman Bahtiar Baharuddin (Pj.)WakilSyukur Bijak2019–2023PendahuluAndi MudzakkarPenggantiSulaiman (Plh.)Masa jabatan2004–2008PresidenMegawati SoekarnoputriSusilo Bambang YudhoyonoGubernurAmin SyamSyahrul Yasin LimpoWakilBahrum DaidoPendahuluKamrul KasimPenggantiBahrum Daido Informasi pribadiLahir12 Desember 1957 (umur 66)Wara, Sulaw...

 

Polish coat of arms BojczaDetailsBattle cry-Alternative namesBoycza, Modzel, Modzele, Modzelie, Piaseczna, Piasnicza, błędnie - ŚwieńczycEarliest mention1453TownsnoneFamilies- Bojcza is a Polish coat of arms. It was used by several szlachta families. History This section is empty. You can help by adding to it. (July 2010) Blazon This section is empty. You can help by adding to it. (July 2010) Notable bearers Notable bearers of this coat of arms include: Zwolinski Wikimedia Commons has med...

هذه المقالة عن المجموعة العرقية الأتراك وليس عن من يحملون جنسية الجمهورية التركية أتراكTürkler (بالتركية) التعداد الكليالتعداد 70~83 مليون نسمةمناطق الوجود المميزةالبلد  القائمة ... تركياألمانياسورياالعراقبلغارياالولايات المتحدةفرنساالمملكة المتحدةهولنداالنمساأسترالي�...

 

City in North Dakota, United StatesFlasher, North DakotaCityPost office in Flasher, North DakotaNickname: Little Town on the Black Hills TrailMotto: The past is appreciated but we must move forward[citation needed]Location of Flasher, North DakotaCoordinates: 46°27′08″N 101°13′57″W / 46.45222°N 101.23250°W / 46.45222; -101.23250CountryUnited StatesStateNorth DakotaCountyMortonFounded1902Area[1] • Total0.65 sq ...

 

Simon Fizes de Sauve Segretario di stato per la guerra di FranciaDurata mandatosettembre 1570 –27 novembre 1579 Predecessorecarica creata SuccessoreMartin Ruzé de Beaulieu e Louis de Revol (nel 1589) Segretario di stato della Maison du Roi de FranceDurata mandato1570 –27 novembre 1579 Predecessorecarica creata SuccessoreMartin Ruzé de Beaulieu (nel 1588) Segretario di stato per gli affari esteri di Francia (seggio 4)Durata mandato22 ottobre 1567 ...

Molise daerah di Italia Molise (it) flag of Molise Tempat <mapframe>: Judul Italy/Region/Molise.map .map bukan merupakan halaman data peta yang sah Negara berdaulatItalia NegaraItalia Ibu kotaCampobasso Pembagian administratifProvinsi Campobasso Provinsi Isernia PendudukTotal304.285  (2019 )Bahasa resmiArbëresh dan Slavomolisano GeografiLuas wilayah4.438 km² [convert: unit tak dikenal]Dekat dengan perairanLaut Adriatik Ketinggian631 m Berbatasan denganAbruzzo Lazio Campania ...

 

British lawyer and Liberal politician Not to be confused with Robert Gurdon, 1st Baron Cranworth. The Right HonourableThe Lord CranworthPCLord Cranworth wearing the parliamentary robes of a baronLord High Chancellor of Great BritainIn office28 December 1852 – 21 February 1858Prime Minister The Earl of Aberdeen The Viscount Palmerston Preceded byThe Lord St LeonardsSucceeded byThe Lord ChelmsfordIn office7 July 1865 – 26 June 1866Prime Minister The Viscount Palmerston Th...

 

American politician (born 1976) Jill TokudaMember of the U.S. House of Representativesfrom Hawaii's 2nd districtIncumbentAssumed office January 3, 2023Preceded byKai KaheleMember of the Hawaii Senatefrom the 24th districtIn officeNovember 7, 2006 – November 6, 2018Preceded byBob HogueSucceeded byJarrett Keohokalole Personal detailsBorn (1976-03-03) March 3, 1976 (age 48)Kaneohe, Hawaii, U.S.Political partyDemocraticSpouseKyle MichibataChildren2EducationGeorge W...

District of Arunachal Pradesh in IndiaEast Kameng districtDistrict of Arunachal PradeshEast Kameng districtLocation in Arunachal PradeshCountry IndiaStateArunachal PradeshHeadquartersSeppaArea • Total4,134 km2 (1,596 sq mi)Population (2011) • Total78,690[1] (2,011)Demographics • Literacy62.5%[1] • Sex ratio1012[1]Time zoneUTC+05:30 (IST)Websiteeastkameng.nic.in East Kameng district is one of dist...

 

Wakil Wali Kota GunungsitoliPetahanaLowongsejak 9 Januari 2024Masa jabatan5 tahun dan dapat dipilih kembali untuk satu kali masa jabatanPejabat perdanaAroni ZendratöDibentuk13 April 2011; 13 tahun lalu (2011-04-13)Situs webSitus web resmi Wali Kota dalam tugas pemerintahannya dibantu oleh wakil kepala daerah dengan posisi kedua sebagai pendamping Wali Kota yang umumnya disebut Wakil Wali Kota. Wakil Wali Kota Gunungsitoli merupakan seorang politisi yang terpilih secara demokratis m...

 

American basketball player (born 1956) For the Canadian football player, see Larry Bird (Canadian football). For the American politician, see Larry Byrd. Larry BirdBird in 2004Indiana PacersPositionConsultantLeagueNBAPersonal informationBorn (1956-12-07) December 7, 1956 (age 67)West Baden Springs, Indiana, U.S.Listed height6 ft 9 in (2.06 m)Listed weight220 lb (100 kg)Career informationHigh schoolSprings Valley(French Lick, Indiana)CollegeIndiana State (1976–1...

Sir David Low Nama dalam bahasa asli(en) David Low BiografiKelahiran7 April 1891 Dunedin Kematian19 September 1963 (72 tahun)London Data pribadiPendidikanChristchurch Boys' High School (en) KegiatanSpesialisasiKarikatur Pekerjaancaricaturist (en) , ilustrator, jurnalis, kartunis GenreKarikatur Penghargaan  Knight Bachelor Ye Madde Designer, 1935 Sir David Alexander Cecil Low (7 April 1891 – 19 September 1963) adalah seorang jurnalis Inggris kelahiran Selandia ...

 

خايمي سالازار معلومات شخصية الميلاد 6 فبراير 1931(1931-02-06)مدينة مكسيكو  الوفاة 14 مارس 2011 (80 سنة)   كويرنافاكا  مركز اللعب وسط الجنسية المكسيك  المسيرة الاحترافية1 سنوات فريق م. (هـ.) نيكاكسا المنتخب الوطني 1956–1957 المكسيك 8 (0) المواقع مُعرِّف الاتحاد الدولي لكرة القدم 57381&...