Neil Sedaka, nado o 13 de marzo de 1939 en Brooklyn, Nova York, é un cantante americano.
Traxectoria
Antes de entrar no mundo do pop tiña unha ampla experiencia do mundo da música, mesmo tivera unha bolsa Juillard para estudar música clásica. Mozo dunha rapaza de Nova York (Carole King) que traballaba facendo maquetas para unha discográfica dedicoulle unha canción "Oh, Carol" que se convertería nunha das súas obras máis famosas.