Nate Parker, nado en Norfolk (Virxinia) o 18 de novembro de 1979 é un actor, director, produtor e guionista estadounidense.[1]
Traxectoria
Parker naceu en Virxinia, fillo de Carolyn, de dezasete anos. A súa nai nunca casou co seu pai biolóxico, mais si co home que lle deu o apelido Parker.[2] Cando Parker estaba na escola media a súa nai casou con Walter Whitfield, da forza aérea, e mudouse a Main. Parker viuse envolto en pelexas no colexio e na casa co seu padrasto, polo que marchou a Virginia Beach, Virxinia para vivir co seu tío materno, Jay Combs, aos catorce anos. Parker volveu reunirse coa súa nai cando esta volveu a Virxinia para coidar da súa avoa.[3]
Parker foi acusado de violación en 1999 cando estaba na Universidade Estatal de Pensilvania e liberado dos cargos en 2001.[3] En 2007 casou con Sarah DiSanto, orixinaria de Erie, Pennsylvania.[4]
Carreira deportiva
Seguindo o seu tío Combs, antigo loitador, Parker comezou a practicar loita no instituto, e quedou terceiro no campionato estatal júnior. Conseguiu ademais unha bolsa completa para a Penn State University.[3][5] En 2002 quedou quinto nun campionato nacional universitario.[3] O ano seguinte graduouse en programación de ordenadores e traballou como programador ata que o descubriron nunha convención de modelos en Dallas, Texas mentres acompañaba unha amiga.[6]
Carreira interpretativa
O descubridor de talentos Jon Simmons viu a Parker e preguntoulle se era actor ou modelo. Cando lle dixo que ningunha das dúas pediulle que lese un monólogo de The Fast and The Furious.[7] Parker mudouse logo aos Ánxeles e axiña apareceu nun anuncio de televisión.
Denzel Washington seleccionou a Parker para interpretar a Henry Lowe no seu filme The Great Debaters.[8] Parker oíra que Washington requiría biografías das súas personaxes e escribiu unha biografía de cen páxinas sobre Lowe.[9][10] A partir de entón seguiu participando en numerosos filmes.
Dirección
Durante anos Parker estivo interesado en realizar un filme baseado na vida de Nat Turner. En 2014 anunciou que atopara financiamento e traballaba no filme, que se chamaría The Birth of a Nation como homenaxe irónica ao célebre e racista filme homónimo.[11] En 2016 logrou a marca de converterse no filme máis pagado (17,5 millóns de dólares) no Festival de Cinema de Sundance, superando Little Miss Sunshine.[12]
Filmografía
Television
Ano
|
Serie
|
Personaxe
|
Notas
|
2004
|
Cold Case
|
R. J. Holden
|
Temporada 1, Episodio 22: "The Plan"
|
2005
|
Kurtlar vadisi
|
Male Model
|
Temporada 4, Episodios 96 & 97
|
2006
|
The Unit
|
Darryl
|
Temporada 2, Episodio 11: "Silver Star"
|
Notas
- ↑ Kent, Alexandyr (24-12-2007). "'The Great Debaters' interviews: Nate Parker Plays Brilliant, Volatile Mind". Shreveport Times. Consultado o 7-11-2008.
- ↑ "Nate Parker". MovieTome. CNET Networks, Inc. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 7-11-2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Tucker, Kyle (23-12-2007). "From Hampton Roads to Hollywood". The Virginian-Pilot online. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 8-11-2008.
- ↑ "Actor with Erie ties to appear on 'Oprah'". goerie.com. 24-11-2007. Arquivado dende o orixinal o 25-01-2016. Consultado o 8-11-2008.
- ↑ "Nittany Lions Begin Four-Match Road Trip With Loss To Illinois". Newsbank. 1999-02-13. Consultado o 2008-12-12.
- ↑ Murphy, Mekado (23-4-2014). "Tribeca First-Timers: Nate Parker". The New York Times. Consultado o 5-11-2014.
- ↑ Welkos, Robert W. (24-12-2007). "No argument, his goal is to be a star". Los Angeles Times. Consultado o 8-11-2008.
- ↑ Morales, Wilson (12-5-2008). "Nate Parker Talks 'Great Debaters' DVD And Film With Alicia Keys". BlackVoices.com. Consultado o 7-11-2008.
- ↑ Smith, Jeremy (20-12-2007). "Exclusive Interview: Nate Parker (The Great Debaters)". Cinematic Happenings Under Development. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 8-11-2008.
- ↑ Clark, John (22-12-2007). "Nate Parker stars in 'Great Debaters'". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 03-03-2009. Consultado o 8-11-2008.
- ↑ Brown, Emma. "NATE PARKER'S FUTURE PAST". Consultado o 10-4-2015.
- ↑ Coggan, Devan (26-1-2016). "Fox Searchlight Buys The Birth of a Nation for Record-Breaking Price". Time. Consultado o 28-1-2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas