Natalia de Molina, nada en Linares o 19 de decembro de 1990, é unha actriz española, gañadora de dous premios Goya.[1]
Traxectoria
Natalia de Molina naceu en Linares, mais criouse en Granada.[2] É irmá da actriz Celia de Molina, xunto á que protagonizou o filme Cómo sobrevivir a una despedida.
O seu papel en Vivir es fácil con los ojos cerrados, de David Trueba, foi o que a revelou.[3] Grazas a este trabajo, recibiu diversos premios, entre eles o premio Goya á mellor actriz revelación e o premio á mellor actriz do Círculo de Escritores Cinematográficos.[4][5][6]
En 2015, recibiu o Premio Shooting Star da European Film Promotion que se outorga durante o Festival de Cinema de Berlín.[7]
Foi a protagonista do filme Techo y comida, polo que recibiu o premio Goya á mellor actriz, converténdose na actriz máis nova en conseguir dous premios Goya. Tamén recibiu a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz e a Biznaga de Prata do Festival de Cinema de Málaga.[8][9][10][11]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas