Naruto Shippūden 3: Inheritors of the Will of Fire (劇場版 NARUTO-ナルト- 疾風伝 火の意志を継ぐ者 Gekijōban Naruto Shippūden Hi no Ishi wo Tsugumono) é un filme de animación xaponés dirixido por Masahiko Murata que se estreou no 2009.
Sinopse
O filme trata do posible inicio da Cuarta Gran Guerra Mundial Shinobi cando ninjas posuidores de Kekkei Genkai comezan a desaparecer de Kumogakure, Iwagakure, Kirigakure, e Sunagakure. Como é a única aldea que non é afectada por estes sucesos, Konohagakure é sinalada como a causante deste incidente, e comezan a circular rumores dunha posible rebelión. Coas outras nacións traspasando as fronteiras do país do lume, ameazando cunha invasión, o Señor Feudal ordénalle a Tsunade capturar ó verdadeiro responsable e probar a inocencia de Konoha; no caso de fracasar, o País do Lume será forzado a destruír a aldea para preservala paz mundial.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas