Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel (大激突!幻の地底遺跡だってばよ Daigekitotsu! Maboroshi no Chiteiiseki Dattebayo) é un filme de animación xaponés dirixido por Hirotsugu Kawasaki e coescrito por Kawasaki e Yuka Miyata, que se estreou no 2005. É o segundo filme baseado no anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto.
Sinopse
Cronoloxicamente, o filme está situada despois da fuxida de Sasuke con Orochimaru.
O filme comeza cunha batalla nunha praia da costa desolada do País do Vento e uns soldados que levan armaduras escuras. A pesar dos seus esforzos, os ninjas da Aldea Oculta da Area non poden co inimigo. A oportuna chegada de Kankurō e Gaara iguala a liorta e conseguen facer retroceder a ós soldados cara a un búnker enorme preto do mar.
Despois da batalla, aparecen Naruto, Shikamaru e Sakura intentando atrapar a un furón doméstico. Porén, cando se dirixen ó punto de entrega, crúzanse cos mesmos soldados da batalla da praia e cun cabaleiro misterioso chamado Temujin. Aquí é onde Naruto se separa dos seus compañeiros tras unha dura batalla.
Naruto esperta nunha caravana ambulante xunto con Temujin ó que despois segue para ver a Haido-sama. Namentres Shikamaru, investiga unha fortaleza móbil que apareceu onde eles se atopaban, Sakura busca a Naruto.
A trama do filme xira arredor dunha pedra chamada Gelel, que ten un poder forte e misterioso. Había un clan que podía controlar os poderes da pedra. Con ese poder podían facer madurar as árbores nun só día e curar feridas nun intre. Pero este poder levou á disputa e ó final todo acabou nunha guerra.
Personaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas