Naomi Osaka ou Ōsaka Naomi (en xaponés: 大坂 なおみ), nada en Chūō-ku (Osaca) o 16 de outubro de 1997 é unha tenista xaponesa. Osaka foi a número 1 do mundo da Women's Tennis Association (WTA), e é a primeira xogadora asiática que o logrou en categoría individual.
Nada no Xapón, filla de pai haitiano e nai xaponesa, vive nos Estados Unidos dende os tres anos. Comezou a ser coñecida con dezaseis anos cando venceu a antiga campioa do US Open Samantha Stosur no seu debut na WTA Tour. Dous anos despois, chegou á súa primeira final da WTA no Pan Pacific Open do Xapón (2016), co que entrou nas 50 primeiras da clasificación. Osaka revelouse como unha gran tenista en 2018, ao gañar o seu primeiro título WTA no Indian Wells Open. En setembro de 2018 gañou o Aberto dos Estados Unidos vencendo a Serena Williams na final, converténdose na primeira tenista xaponesa que gañaba un torneo individual do Grand Slam.
Osaka é coñecida pola súa orixe multiétnica e a súa personalidade tímida. Na pista ten un xogo agresivo[1] cun poderoso servizo que pode acadar os 200 km/h, un dos dez máis rápidos da historia do tenis feminino.[2][3]
Finais de Grand Slam
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas