NHK

NHK Nippon Hōsō Kyōkai (日本放送協会?) ou Corporación Emisora do Xapón é a única emisora pública do Xapón.[1]Ràdio Toquio é o nome informal da NHK, que fai referencia ao seu rol orixinal como compañía de radiodifusión. Actualmente operan dous servizos de televisión terrestres (NHK General TV e NHK Educational TV, respectivamente : Televisión Xeral NHK e Televisión Educativa NHK), tres servizos por satélite (NHK BS-1, NHK BS-2 i NHK Hi-Vision, e tres emisoras de radio (NHK Ràdio 1, NHK Ràdio 2 e NHK FM).[2] Emiten tamén cara ao estranxeiro NHK World TV, NHK World Premium e NHK World Radio (que en galego serían: TV Mundial NHK, Mundial Superior NHK e Radio Mundial NHK).

NHK a Osaka

Historia

NHK foi fundada en 1926. En 1931 comezou a emitir unha segunda emisora de radio[3] cun servizo de onda curta. A partir de 1935 esta emisora emitiu cara ao exterior.[3]

Comezou a emitir por televisión en 1953. No ano 1960 fíxose a primeira retransmisión en cor.[3]

NHK World TV (Televisión Mundial NHK) comezou a emitir en 1995. A dixitalización de toda a rede NHK iniciose no ano 2000.[3]

Notas

  1. Corporation), NHK(Japan Broadcasting. "NHK Corporate Information". NHK Corporate Information (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2021. 
  2. "Domestic Channels". NHK Corporate Information (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 14 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "History". NHK Corporate Information (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2021. Consultado o 14 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas