Música hip hop

Música hip hop
Orixe musicalFunk, Disco, R&B, Jazz, Reggae, The Dozens, Scat, Blues falado, Poesía performance, Spoken word
Orixe culturalComezos da década de 1970, Bronx, Nova York, Estados Unidos
Instrumentos típicosTocadiscos, Sintetizador, Rap, Caixa de ritmos, Sampler, Beatboxing, Secuenciador, Caixa de ritmos
DerivadosBaltimore club, Breakbeat, Florida breaks, Funk carioca, Ghetto house, Ghettotech, Glitch hop, Grime, Illbient, Freestyle latino, Nu metal, Reguetón, Wonky
Subxéneros
Hip hop alternativo, Boom bap, Música bounce, Hip hop británico, Brooklyn drill, Chap hop, Rap chicano, Chopped and screwed, Chopper, Hip hop cristián, Cloud rap, Rap comedia, Crunk, Crunkcore, Desi hip hop, Dirty rap, Drill, East Coast, Freestyle rap, Gangsta rap, G-funk, Hip hop hardcore, Hipster hop, Horrorcore, Hyphy, Memphis rap, Miami bass, Mumble rap, Nerdcore, Phonk, Plugg, Hip hop político, Rap progresivo, Música snap, Hip hop do sur, Trap, Tread, Turntablism, Drill británico, Hip hop underground

A música hip hop, tamén coñecida como música rap e anteriormente coñecida como disco rap,[1][2] é un xénero de música popular orixinado no Bronx,[3][4][5][6] barrio da cidade de Nova York a principios da década de 1970 por afroamericanos,[7][8][9] aínda que existiu durante anos antes do descubrimento convencional.[8] Consiste en música rítmica estilizada que, normalmente, acompaña ao rap, un discurso rítmico e rimado que se canta.[10] Desenvolveuse como parte da cultura hip hop, unha subcultura definida por catro elementos estilísticos clave: MC/rapping, DJ/scratching, breakance e a arte graffiti.[11][12][13] Ademais de características musicais coma os sampleos ou sintetizados doutras cancións, turntablism, scratching ou beatboxing.

Aínda que a miúdo se usa para referirse unicamente ao rap, o hip hop denota máis correctamente a práctica de toda a subcultura.[14][15] O termo música hip hop úsase ás veces como sinónimo do termo música rap,[10] aínda que o rap non é un compoñente obrigatorio da música hip hop; o xénero tamén pode incorporar outros elementos da cultura hip hop coma os anteriormente mencionados.[16][17]

Historia

O hip hop como xénero musical e como cultura formouse durante a década de 1970 cando as block parties (festas na rúa) se fixeron cada vez máis populares na cidade de Nova York, especialmente entre os mozos afroamericanos que residían no Bronx.[18] Nestas festas, os DJs tocaban mesturas das cancións populares usando dous tocadiscos e un mesturador de DJ para poder ir facendo cambios entre dúas copias do mesmo disco, alternando dunha a outra e estendendo o "break".[19] A primeira evolución do hip hop produciuse a medida que os samplers e as caixas de ritmos ían sendo máis accesibles. As técnicas dos turntablists como o scratching e beatmatching desenvolvéronse xunto cos breaks. O rap desenvolveuse como un estilo vocal no que o artista fala ou canta ao ritmo instrumental ou sintetizado desta música.

A música hip hop non se gravou oficialmente para ser reproducida na radio ou na televisión ata 1979, en gran parte debido á pobreza durante o nacemento do xénero e á falta de aceptación fóra dos barrios do gueto.[20] O hip hop da vella escola foi a primeira onda principal do xénero, marcada pola súa influencia disco e as súas letras orientadas á festa. A década de 1980 marca a diversificación do hip hop xa que o xénero comezou a desenvolver estilos máis complexos e estendeuse fóra dos Estados Unidos. O hip hop da nova escola foi a segunda onda do xénero, marcada polo seu son electrónico, e levou ao hip hop da era dourada, un período innovador entre mediados dos 80 e mediados dos 90 que tamén desenvolveu a era do álbum do hip hop. O subxénero gangsta rap, centrado nos estilos de vida violentos e as condicións empobrecidas da mocidade afroamericana do centro da cidade, gañou popularidade neste momento. O hip hop da costa oeste estivo dominado polo G-funk a comezos da década de 1990, mentres que o hip hop da costa leste estivo dominado polo jazz rap, o hip hop alternativo e o hip hop hardcore. O hip hop continuou a diversificarse neste momento e xurdiron outros estilos rexionais, como o rap do sur e o hip hop de Atlanta. O hip hop converteuse nun dos xéneros máis vendidos a mediados da década de 1990 e no xénero musical máis vendido en 1999.

A popularidade da música hip hop continuou ata finais da década de 1990 ata a "era bling" de principios dos 2000, e as influencias do hip hop atopáronse cada vez máis noutros xéneros de música popular, como o neo soul, o nu metal e o R&B. Os Estados Unidos tamén viron o éxito de estilos rexionais como o crunk, un xénero do sur que enfatizaba máis cos ritmos e a música que cas letras, e o hip hop alternativo comezou a conseguir un lugar no mainstream, debido en parte ao éxito cruzado da seus artistas. Durante a "era dos blogs" de finais da década de 2000 e principios da década de 2010, os rapeiros puideron acumular seguidores a través dos métodos de distribución de música en liña, como as redes sociais e os blogs, e o hip hop tradicional tomou unha dirección máis melódica e sensible tras o declive comercial do gangsta rap. Os subxéneros trap e mumble rap convertéronse na forma máis popular de hip hop a finais da década de 2010 e principios da década de 2020. En 2017, a música rock foi usurpada polo hip hop como o xénero máis popular dos Estados Unidos.[21][22][23]

Notas

  1. Trapp, Erin (2005). "The Push and Pull of Hip-Hop: A Social Movement Analysis". American Behavioral Scientist 48 (11): 1482. doi:10.1177/0002764205277427. 
  2. Leach, Andrew (2008). "One Day It'll All Make Sense: Hip-Hop and Rap Resources for Music Librarians" 65 (1): 9–37. ISSN 0027-4380. JSTOR 30163606. doi:10.1353/not.0.0039. 
  3. "Hip hop is born at a birthday party in the Bronx". history.com. Consultado o 2023. 
  4. "The South Bronx: Where Hip-Hop Was Born". wnyc.org. Consultado o 2023. 
  5. "Birthplace Of Hip Hop". pbs.org. Consultado o 2023. 
  6. "Hip-Hop: A Culture of Vision and Voice". kennedy-center.org. Consultado o 2023. 
  7. "Honolulu Star-Bulletin". newspapers.com. 1 de setembro de 1988. Consultado o 2023. 
  8. 8,0 8,1 "Chicago Tribune". newspapers.com. 9 de xuño 1985. Consultado o 2023. 
  9. "The Press-Tribune". newspapers.com. 15 de setembro de 1988. Consultado o 2023. 
  10. 10,0 10,1 Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 2011. 
  11. Kugelberg, Johan. Born in the Bronx. Oxford University Press. p. 17. ISBN 978-0-7893-1540-3. 
  12. Brown, Lauren (2009). "Hip to the Game – Dance World vs. Music Industry, The Battle for Hip Hop's Legacy". Movmnt Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2010. 
  13. Chang, Jeff (2005). Can't Stop Won't Stop: A History of the Hip Hop Generation. St. Martin's Press. p. 90. ISBN 0-312-30143-X. 
  14. Harvard Dictionary of Music. Arquivado dende o orixinal o 2016. 
  15. "hip hop". allmusic.com. Arquivado dende o orixinal o 2012. 
  16. "hip hop". merriam-webster.com. Consultado o 2017. 
  17. "hip hop". Oxford English Dictionary. Consultado o 2011. 
  18. Lamotte, Martin (2014). "Rebels Without a Pause: Hip-hop and Resistance in the City: Debates and Developments". International Journal of Urban and Regional Research 38 (2): 686–694. doi:10.1111/1468-2427.12087. 
  19. McNamee, David (2010). "Hey, what's that sound: Turntablism". The Guardian. 
  20. Dyson, Michael Eric (2007). "Know What I Mean?: Reflections on Hip-Hop". Basic Civitas Books: 6. 
  21. Berry, Peter A. "Nielsen Says Hip-Hop/R&B Is Now Most Consumed Genre in U.S.". XXL Mag. 
  22. Lynch, John. "For the first time in history, hip-hop has surpassed rock to become the most popular music genre, according to Nielsen". Business Insider. 
  23. "Hip hop and R&B surpass rock as biggest U.S. music genre". reuters.com. Consultado o 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos