O Phonk (/fɒŋk/) é un subxénero da música hip hop e trap inspirado directamente no Memphis rap[1] dos anos 90. Principalmente presente na plataforma SoundCloud,[2] a música caracterízase polas voces das cintas antigas do rap de Memphis e mostras do hip hop de principios dos anos 90, moitas veces combinándoas con elementos de jazz, funk e de música electrónica. O xénero desprega técnicas estilísticas semellantes ao chopped and screwed para crear un son máis escuro.
Desenvolvido inicialmente na década de 1990 no sur dos Estados Unidos, principalmente en Houston e Memphis, os principais pioneiros do xénero foron DJ Screw, X-Raided, DJ Spanish Fly, DJ Squeeky e o colectivo Three 6 Mafia.[3] A finais da década de 2010, a través de plataformas de streaming como SoundCloud, o xénero desenvolveu un maior énfase no jazz e no hiphop clásico.
Popularizado por TikTok e a comunidade de drift nas redes sociais, "drift phonk" é un subxénero de phonk que xurdiu en Rusia[3] a finais da década de 2010; as súas principais características son o uso de cowbells (campás) e o abuso dos baixos. Xeralmente úsase en vídeos lo-fi que mostran coches facendo drifting. Co aumento da popularidade do drift phonk, a palabra "phonk" comezou a asociarse máis co subxénero que co propio xénero orixinal.
Notas
- ↑ "What the phuk is phonk?". coeo-ntwrk.com. Consultado o 2023.
- ↑ Anand, Aashna (2020). "The Evolution of Soundcloud's Popular New Genre: Phonk". Lucid Monday. Arquivado dende o orixinal o 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Russian Producers Obsessed With Three 6 Mafia Can’t Stop Going Viral". rollingstone.com. Consultado o 2023.
Véxase tamén
Outros artigos