Museo do Futbol Club Barcelona

Museo do Futbol Club Barcelona
Entrada ao Museo
Coordenadas41°22′49″N 2°07′14″L / 41.38039, 2.1206365
PaísEspaña
CidadeBarcelona e La Maternitat i Sant Ramon
Inauguración1984
Na rede
https://www.fcbarcelona.com/tour
BNE: XX4659567
editar datos en Wikidata ]

O Museu del Futbol Club Barcelona ou Museu President Núñez é o museo do Futbol Club Barcelona situado nas instalacións do Camp Nou, en Barcelona. Exhibe todos os trofeos conseguidos por todas as seccións deportivas do club catalán ao longo da historia, e todo tipo de obxectos relacionados cos seus equipos, xogadores e masa social. Inaugurado o 24 de setembro de 1957, actualmente é un dos museos máis visitados de Cataluña cunha media anual de visitantes nos últimos anos superior ás 1.200.000 visitas.

Historia

A idea de facer un Museo do Barça, foi unha idea que xa tivo entre os anos vinte e trinta, Joan Gamper, fundador do club. Finalmente con todo, non foi ata as Festas da Mercè de 1957, cando se inaugurou. O museo ocupa unha superficie de 3.500 metros cadrados. Ademais dos trofeos, o museo ofrece audiovisuais en varios idiomas que explican a historia do club, e todo tipo de obxectos relacionados co equipo, xogadores e a masa social.

En 2000, durante a presidencia de Joan Gaspart i Solves, pasouse a chamar Museu President Núñez, na honra do expresidente Josep Lluís Núñez, fundador do museo.

Ademais dos obxectos relacionados coa historia do Futbol Club Barcelona, o Museo tamén conta cunha gran cantidade de obras artísticas de temática deportiva dalgúns artistas cataláns, como Salvador Dalí, Joan Miró, Antoni Tàpies, Josep Segrelles ou Josep Maria Subirachs.

Ademais, o museo ten en exposición permanente a Colección Futbolart, propiedade de Pablo Ornaque, e considerada unha das melloras coleccións privadas do mundo sobre o fútbol, con obxectos de todo tipo, algúns dun valor incalculable.

En 2007 o museo alcanzou a súa cifra récord de visitas anuais, chegando a un total de 1.397.574 visitantes.

No ano 2010 o museo realizou cambios moi destacados, adaptándose ao século XXI cun gran número de seccións audiovisuais, no chamado "Camp Nou Experience". A mañá do 9 de setembro do mesmo ano, rexistrou a cifra de 20 millóns de visitas nos 26 anos de existencia do museo. A afortunada recibiu a benvida do presidente Sandro Rosell, unha camiseta conmemorativa, un vale de agasallo de 300 euros por á tenda do Barça, e a posibilidade de pisar o céspede do Camp Nou.

Servizos

O Museo ofrece a posibilidade de ter unha visita guiada que, ademais da entrada ao museo, permite visitar espazos normalmente restrinxidos ao público. A visita guiada permite acceder á tribuna presencial, de maneira que calquera visitante pode gozar das espectaculares vistas do estadio do Camp Nou sentado na cadeira de brazos presidencial, os vestiarios, as salas de prensa e o propio céspede do Camp Nou.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas