A Casa de les Punxes ou Casa Terrades é un edificio deseñado polo arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch. Encóntrase situada na Avinguda Diagonal da cidade de Barcelona (Cataluña).
Características
A casa construíuse en 1905 por encarga das irmás Terrades que querían unificar tres inmobles da súa propiedade. Puig i Cadafalch proxectou un edificio de aspecto medieval, con elementos que recordan á arquitectura gótica europea.
Unha das características deste edificio son as súas seis torres, coroadas por senllas agullas de forma cónica o que lle deu o nome popular de "Casa de les Punxes" (en catalán, punxes significa "pinchos").
Para a construción da fachada utilizouse o ladrillo. Nela poden verse algúns plafóns decorativos; un deles, no que aparece Sant Jordi (San Xurxo), ten escrita a seguinte lenda Sant Patró de Catalunya, torneu-nos la llibertat ("Santo Patrón de Cataluña, devólvenos a liberdade"). A decoración en pedra con debuxos florais de tribunas e balcóns é plenamente modernista. O tellado é a dobre vertente.
En 1976 foi declarada Monumento Histórico Nacional. En 1980 realizouse unha reforma completa do edificio. De propiedade privada, o interior da casa non pode ser visitado, aínda que hai compañías coas súas oficinas no edificio, como Veeva Systems[1], coa súa central europea.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Inmobles e lugares senlleiros | |
---|
Prazas e rúas | |
---|
Museos | |
---|
Estadios | |
---|
Artes escénicas | |
---|
Parques e xardíns | |
---|
Zoos | |
---|
Praias | |
---|