O Museo Nacional de Etnografía e Folclore (Musef) (en quechua: Mamallaqtap Llaqta Yachay Llaqta Kawsay Musiyun) é un dos principais centros de difusión da etnografía de Bolivia. Os antecedentes previos á súa fundación remítense á creación do Museo Nacional fundado en 1925, cando nace o Departamento Científico de Etnografía como parte dos festexos do Centenario de Bolivia. O MUSEF abriu as súas portas o 23 de agosto de 1962 co nome de Museo de Artesanía e Arte Popular, situado no palacio dos Marqueses de Villaverde na esquina das rúas Ingavi e Jenaro Sanjinés, na cidade da Paz. O palacio foi nomeado monumento nacional en 1930. En 2004, o museo inaugurou unha subsede na cidade de Sucre no castelo de Francisco Argandoña.[1] No 2005 fíxose unha ampliación na sede da Paz, coa cal o museo foi ampliado até os 7800 m² de infraestrutura.[2] Segundo datos de 1007, recibe uns 70.000 ao ano.[3]
Coleccións
O museo posúe un patrimonio composto por 30.000 bens culturais,[2] entre reliquias prehispánicas, coloniais e contemporáneas, máscaras, cerámica, tecidos, arte plumario e numismática do territorio boliviano. Ademais posúe unha das coleccións e fondos documentais máis grandes de Bolivia, aproximadamente 171.000 materiais de gravacións e audiovisuais de Congresos do COB, CSUTCB,FASOR, entre outros ademais, recentemente logrou adquirir as coleccións de Posnansky, Ponce Sanjinés, Albarracín, APCOB completándose estes documentos aos doados por Laguna Meave, Julia Elena Fortún e León M. Louza entre outros. A mostra da etnoloxía do país concéntrase no museo, onde ademais se levan a cabo diferentes eventos de importancia nacional como o debate académico e o impulso á investigación das ciencias sociais, o que permitiu a creación da Reunión Anual de Etnoloxía.
Notas