Orixinalmente situado no Crystal Palace en Sydenham Hill, o museo abriu as súas portas en 1920. En 1924 o museo foi trasladado ao Instituto Imperial en South Kensington e, finalmente, en 1936, o museo adquiriu un local permanente onde antes se atopaba o Hospital Real de Bethlem en Southwark. Durante 1970 o museo comezou a expandirse cara a outras sedes.
As coleccións do museo inclúen arquivos de documentos persoais e oficiais, fotografías, material cinematográfico, gravacións de historia oral, unha ampla biblioteca, unha colección de arte e vehículos e avións militares.
Atópase distribuído en diversas instalacións en Inglaterra, tres das cales atópanse en Londres: