O Mosteiro de Santa María de La Rábida, máis coñecido como mosteiro de La Rábida é un mosteiro franciscano situado no concello de Palos de la Frontera, na provincia de Huelva.[1]
Erixido durante os séculos XIV-XV, destaca polo seu interese artítico a igrexa de estilo gótico-mudéxar, e tamén as estancias decoradas con frescos de Daniel Vázquez Díaz, o claustro e o museo, onde se conservan obxectos conmemorativos do descubrimento de América, e unha escultura de advocación mariana baixo a que se atopa o convento, Nosa Señora dos Milagres (Nuestra Señora de los Milagros) ou Santa María de La Rábida, imaxe de estilo gótico do século XIII aproximadamente esculpida en alabastro.
Notas
- ↑ l'Enciclopèdia (ed.). "La Rábida". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2008.
Véxase tamén
Ligazóns externas