Nesta localidade estaba situado o Batallón de Arsenais 601 General Domingo Viejobueno do exército arxentino. O 23 de decembro de 1975 o Ejército Revolucionario del Pueblo, unha agrupación revolucionaria de corte marxista, intentou ocupar a unidade militar e apoderarse de armamento de guerra, con desastrosos resultados; no enfrontamento perderon a vida numerosos membros do ERP, que quedaría practicamente desarticulado.
Poboación
Monte Chingolo era en 2001 a segunda cidade máis poboada do partido con 85.060 habitantes, o que representa un 19% do total do partido.