As moedas de euro de España son as correspondentes ao sistema monetario do euro cuñadas e postas en circulación pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. O euro substituíu a peseta como unidade monetaria de España o 1 de xaneiro de 1999 (entrada na Eurozona) cunha taxa de conversión fixa de 1 euro = 166,386 pesetas. As moedas españolas en euros comezaron a ter curso legal na Eurozona o 1 de xaneiro de 2002.
Á parte das series circulantes ordinarias, de circulación en toda a Eurozona, España emite anualmente moedas de colección ás que non se lles recoñece curso legal no resto dos países da zona do euro.[1]
Reversos comúns
Como todas as moedas de euro destinadas á circulación, as españolas responden ás especificacións técnicas comúns e presentan un reverso utilizado po todos os países da zona do euro, caracterizada pola indicación do valor facial. Logo do deseño orixinal utilizado desde 1999, este tivo unha lixeira actualización en 2007.
Anversos españois
Os anversos propios das moedas de euro españolas responden a tres deseños diferentes:
Todas as moedas teñen no anverso as 12 estrelas da Unión Europea, o ano de cuñaxe e a marca de ceca da FNMT.
Primeira serie (1999-2009)
Segunda serie (2010-2014)
En 2010, España revisou o deseño das súas caras nacionais para cumprir coas directrices comunes recomendadas pola Comisión Europea. Nas moedas de 1 e 2 euros, as novas caras nacionais seguen coa mesma imaxe do rei Xoán Carlos I, pero a cifra do ano aparece agora na parte interior da moeda, xunto coa marca de ceca e o nome do país. As doce estrelas do anel exterior amósanse agora coma aparecen na bandeira europea, sen aparecer ningunha en baixorrelevo. Cuñadas desde o 1 de xuño de 2010.[2]
Terceira serie (desde 2015)
O 18 de xuño de 2014 produciuse a abdicación do rei Xoán Carlos I e o seu fillo converteuse en rei de España co nome de Filipe VI. A partir deste feito, as moedas de un e de dous euros amosan, a partir de 2015, a imaxe de Filipe VI. Os anversos do resto das moedas non foi modificado.
A descrición dos dous novos anversos das moedas españolas en euros foi publicada no Diario Oficial da Unión Europea do 18 de novembro de 2014.[3]
Moedas conmemorativas de 2 euros
As moedas cuñadas en España levan o seguinte identificativo:
Identificación Nacional
|
"España"
|
Marca de ceca
|
|
Iniciais de gravador
|
Non
|
Inscrición no bordo 2€
|
|
Notas
Véxase tamén