A moeda dun cóndor é unha moeda ecuatoriana de ouro con ese valor facial, equivalente a 25 sucres, cuñada en 1928 e de circulación efémera.
Historia
Logo do ascenso á presidencia da República de Ecuador de Isidro Ayora en 1926, este contratou unha comisión de expertos estranxeiros para a creación dun banco central e a reordenación do sistema monetario. Esta comisión estaba encabezada polo financeiro Edwin Walter Kemmerer, da Universidade de Princeton e presidente da Asociación Económica Americana. Froito destes traballos, o 10 de agosto de 1927 instituÃuse en Quito o Banco Central de Ecuador.[2][3]
Para a reordenación do sistema, a coñecida como Misión Kemmerer avogou por retomar o padrón ouro para a moeda máis forte do cono monetario, entanto que se utilizarÃa a prata para dotar de valor intrÃnseco os múltiplos inferiores e para a fracción maior, e metais comúns para o resto das fraccións.[2] Esta recomendación foi asumida polo Goberno de Ayora, que o 4 de marzo de 1927 promulgaba a nova lei da moeda, conservando o sucre como moeda nacional, cun valor fixado en 5 sucres = 1 dólar.[3]
Esta foi a base legal para o nacemento da moeda dun cóndor en 1928, a primeira emitida polo Banco Central do Ecuador, que manterÃa o diámetro, a lei e o tipo xeral das antigas moedas de 10 sucres cuñadas en 1899 e en 1900,[4] aÃnda que co novo valor facial de 25 sucres.[2] A métrica da nova moeda coincidÃa ademais case exactamente coa da moeda de 5 dólares dos EEUU circulante naquel momento.[3][5]
O propio 1928, encargouse a cuñaxe na Birmingham Mint, en Inglaterra, de 20.000 moedas dun cóndor, cun peso de 8,359 gramos e en ouro de 900 milésimas, polo que cada moeda conterÃa 7,5231 gramos de ouro puro. A mesma lei pola que se creou o cóndor dispuña que se emitise tamén unha moeda de 2 cóndores, equivalente a 50 sucres, aÃnda que esta disposición non chegou a aplicarse. [3]
A moeda dun cóndor foi a derradeira moeda de ouro ecuatoriana emitida para a circulación ordinaria. Da tiraxe de 20.000 pezas calcúlase que se puxeron en circulación arredor de 5.000, e a maiorÃa consérvanse aÃnda nas reservas de ouro do Banco Central do Ecuador.[1] A súa vida foi efémera, xa que a gran depresión económica a nivel mundial nos primeiros anos da década de 1930 acabou coa vixencia do padrón ouro como base monetaria.[3]
No Museo Numismático do Banco Central do Ecuador exhÃbese un exemplar do cóndor de 1928.[3]
O prezo desta moeda no mercado do coleccinismo numismático é de arredor de 700 euros en condición de conservación "sen circular".[6]
Deseño
O anverso da moeda dun cóndor está presidido por unha representación da cabeza de Simón BolÃvar ollando cara á esquerda, rodeado pola lenda REPUBLICA DEL ECUADOR e coa data 1928 no exergo.[1][3]
Pola súa banda, no reverso reprodúcese o escudo de armas de Ecuador, rodeado pola indicación do peso da moeda, o seu valor facial e a lei do ouro: G.8·35925 UN CONDOR LEY 0·900. No exergo e en letras de inferior tamaño, aparece como marca de ceca a cidade onde se cuñou: BIRMINGHAM.[1][3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "1 Cóndor". Numista.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Sistema monetario de la misión Kemmerer". En Reyes, R. (2013). Páxinas 162-163.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "1 cóndor 1928". Museo Numismático do BCE (Numismatico.bce.fin.ec).
- ↑ "10 Sucres". Numista.com
- ↑ "5 Dollars Indian Head". Numista.com
- ↑ "Ecuador Condor KM# 74". World Coin Price Guide. Numismatic Guaranty Company.
Véxase tamén
BibliografÃa
Outros artigos