Moeda de 50 dólares estadounidenses

Moeda de 50 dólares (½ union) [1]
A/: cabeza diademada da Liberdade cara á esquerda co cabelo recollido. Data no exergo. Marca de gravador "B".

Lenda: LIBERTY (no diadema).

R/: aguia coas ás abertas, con escudo diante do peito, con frechas e pólas de oliveira nas poutas e cinta no peteiro co lema E PLURIBUS UNUM. Valor facial.

Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / FIFTY DOLLARS.

A moeda de 50 dólares estadounidenses, coñecida tamén como ½ union (en galego: "media unión"), é unha moeda estadounidense de ouro con ese valor facial cuñada como proba en 1877, aínda que non se chegou a producir para a súa posta en circulación.

A moeda foi deseñada polo gravador William Barber e cuñouse na Ceca de Filadelfia, da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Ademais dos dous exemplares coñecidos da súa versión en ouro, coñécense tamén algúns exemplares cuñados en cobre.

A idea de introducir no sistema monetario dos Estados Unidos o novo valor facial de 100 dólares de ouro, coa denominación de union, nacera xa en 1854, e o proxecto abranguía tamén a creación dunha moeda de 25 dólares (¼ union) e de 50 dólares (½ union), mais a idea non chegou a frutificar.

Antecedentes e contexto

Situación económico-monetaria

O Congreso dos Estados Unidos aprobou a Lei da Moeda de 1792 o 2 de abril dese ano, pola que, entre outrras cousas, se autorizaba a cuñaxe de moedas de diversos valores, entre elas a de ouro de 10 dólares, denominada "aguia", a de maior valor facial do momento.[2][3]

A cuñaxe de ouro nos Estados Unidos viuse moi influída pola febre do ouro de California, iniciada en 1848.[4] A cantidade de ouro que afluíu ao mercado nacional fixo que este metal se popularizase en relación coa prata e, por conseguinte, comezase a depreciarse respecto a ela. En xaneiro de 1849, o representante demócrata por Carolina do Norte James I. McKay anunciou que sometería a votación un proxecto de lei para reformar os valores das moedas de ouro, e 1 de febreiro dese ano o representante demócrata por New Hampshire Charles G. Atherton propuxo unha emenda ao proxecto de McKay para a posta en circulación de moedas de 20 dólares. O 20 de febreiro presentouse un proxecto de lei que combinaba as propostas de McKay e Atherton, que foi aprobado pola Cámara de Representantes. Pouco despois, o 3 de marzo, o Senado aprobaba a Lei da Moeda de 1849, que establecía a emisión da nova moeda de 20 dólares Liberty Head.[3][5]

Moeda de 50 dólares de 1852 emitida pola Oficina de Ensaios de San Francisco.[6][7]

A década de 1850 foi tamén unha época en que aumentou a aparición de novos bancos privados que emitían o seu propio papel moeda, mais esta forma de diñeiro non acadou o recoñecemento nin a confianza da poboación. Ademais, non todos os billetes gozaban do mesmo recoñecemento. Simultaneamente, había en circulación uns medios de pagamento coñecidos como slugs, unha especie de moedas de ouro por valor de 50 dólares emitidas en California pola Oficina de Ensaios de San Francisco para o mercado local, no que había demanda de moedas de ouro con valores altos.[8] Estas moedas comezaron a ser retiradas da circulación a partir de 1854, ano en que se estableceu a Ceca de San Francisco como sucursal da Casa da Moeda dos Estados Unidos, para lle facer fronte á escaseza de moeda de curso legal emitida polo Estado no Oeste do país, tendo en conta, ademais, que o papel moeda non circulaba de facto en California naquela época.[9]

Moeda de 50 dólares emitida en 1855 pola compañía Wass Molitor, de San Francisco.[10]

Xurdiu así a necesidade de cuñar moedas de maior valor para os estados occidentais.[11][12] En marzo de 1854, a cuestión fíxose pública nas páxinas do San Francisco Herald, nun artigo no que se razoaba que o sistema financeiro do país naquela época se baseaba na moeda metálica e non debían facerse concesións ao respecto. Consonte os autores, un valor facial máis alto facilitaría o asentamento e o pagamento dos empresarios no Oeste do país.[9][13] A necesidade de moeda sen ser de papel do mercado local queda patente no feito de que, na década de 1850, San Francisco tiña unha ceca privada, Wass, Molitor & Co., que emitía unha moeda privada de ouro de 50 dólares cuñada por ela para o mercado local.[11][14][15]

A idea da moeda de 50 dólares

O senador de California William W. Gwin, por petición dos empresarios do seu estado, solicitoulle ao secretario do Tesouro, James Guthrie, que considerase a posibilidade de introducir novas moedas de ouro de maior valor facial nos Estados Unidos: 100 dólares (union), 50 dólares (half union) e 25 dólares (quarter union).[16] Guthrie respondeu positivamente a esta petición e remitiuna á Comisión de Finanzas, que tamén emitiu un ditame favorable á idea. O 16 de xuño de 1854, o Senado votou unha moción para introducir as moedas con estes novos valores faciais. No entanto, nunca chegou a votarse na Cámara de Representantes.[12][17]

Vinte anos despois destes acontecementos, o superintendente da Ceca de Filadelfia, Henry Linderman, comezou a reconsiderar a idea de introducir moedas cos valores previstos por Gwin. Mais aquel era un momento en que o papel moeda emitido polo Goberno federal xa circulaba amplamente, e a introdución de moedas de ouro parecía innecesaria.[9] Así e todo, crese que a reconsideración da emisión destas moedas non se debeu ás necesidades do mercado, senón ao desexo de obter beneficios privados por parte do superintendente, que ademais era un coñecido coleccionista e especulador de moedas.[9][11][12]

Deseño e produción

O gravador xefe da US Mint, William Barber, encargouse do gravado da moeda.

En 1877, a Ceca de Filadelfia chegou a producir a modo de proba numismática dous únicos exemplares da moeda de 50 dólares de ouro. O deseño da moeda correu a cargo do daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, William Barber,[13][15][18][19] aínda que tamén hai fontes que afirman que realmente foi obra do seu fillo, Charles E. Barber.[9][12]

Para o deseño do anverso escolleuse como motivo o perfil da Liberdade utilizado por James B. Longacre na moeda de 20 dólares Liberty Head. A cabeza amósase rodeada por 13 estrelas de seis puntas e, no exergo, o ano de produción da moeda, 1877. Por riba da data e preto do truncamento do pescozo da Liberdade aparece unha pequena letra B, a modo de marca de gravador de Barber. Pola súa banda, o reverso, á parte dalgúns pequenos cambios na ornamentación e no deseño do escudo da Unión, tamén se mantivo fiel ao da moeda de 20 dólares, coa representación da aguia característica do Gran Selo dos Estados Unidos cun escudo da Unión no peito, que sostén nas súas gadoupas unhas frechas e unhas pólas de oliveira.[9]

As cuñaxes de proba en ouro cuñáronse probablemente en agosto de 1877. Ademais delas, tamén se cuñou en cobre un número indeterminado de exemplares, e a algunhas delas aplicóuselles posteriormente un baño de ouro. Estes espécimes de cobre difiren dos de ouro no tamaño da cabeza da Liberdade.[9][20][19]

O persoal da Casa da Moeda considerou que a cuñaxe de moedas de ouro de tamaño tan grande contribuiría á falsificación, sobre todo mediante a limadura dos cantos ou facendo perforacións neles que posteriormente se encherían con chumbo. Consecuentemente, considerouse que a posta desta moeda en circulación resultaría pouco práctico.[21]

Os dous espécimes de ouro cuñados foron adquiridos polo cuñador xefe, Archibald L. Snowden, polo valor intrínseco do ouro que contiñan mais unha taxa adicional que se lles aplicaba ás moedas emitidas como proba. En 1909 acabaron nas mans do coleccionista e máis tarde secretario do Tesoro William Woodin, que as adquiriu por 20.000 dólares. A información sobre a adquisición fíxose pública, o que suscitou críticas, xa que se desvelou que as moedas foran compradas grazas a un coñecido de Woodin no Departamento do Tesouro. Así as cousas, o Goberno estadounidense instou a Woodin a devolver as moedas á colección pública da Casa da Moeda. Isto ocorreu en decembro de 1910; a cambio do reintegro, a Woodin facilitóuselle a adquisición doutras probas numismáticas de gran valor, ata daquela descoñecidas polos coleccionistas. Ambos os espécimes da moeda de ouro de 50 dólares pasaron posteriormente a formar parte da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, no Museo Nacional de Historia Americana, do Instituto Smithsoniano.[11][22][23]

Os 50 dólares da Exposición Panamá Pacífico

Anverso da versión redonda dos 50 dólares da serie Panamá Pacífico (1915).[24]

En 1915 emitiuse unha serie de moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, entre as cales figurou, por única vez, unha moeda de ouro de 50 dólares. Esta moeda foi cuñada na Ceca de San Francisco en dúas versións, unha redonda e outra octogonal, e con idéntico deseño.[25][26][27]

O seu anverso, deseñado por Robert I. Aiken, presenta como motivo central un busto de Minerva, a deusa romana da sabedoría, a habelencia e a contemplación, cun casco con crista e un escudo que amosa a data de emisión en números arábigos. Pola súa banda, no reverso represéntase o moucho de Atenea, símbolo da sabedoría, pousado sobre unha póla de piñeiro. [25][26]

Notas

  1. "50 Dollars "Half Union" Pattern; gold". Numista.com
  2. "Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint.
  3. 3,0 3,1 Bowers, Q. D. (1982). Páxina 297.
  4. Bowers, Q. D. (1982). Páxina 8.
  5. "Coinage Act of 1849". 3 de marzo de 1849. Páxinas 397-398.
  6. "Lot #3464. Auction #1215". Heritage Auctions. 14 de novembro de 2014.
  7. The Popular science monthly. Vol. 53. Maio a outubro de 1898. Appleton, Nova York. Páxina 602.
  8. "Guest Article: So-called $50 Slug Facsimiles". Numismatic Guaranty Company (NGC).
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 Millman E. (2021).
  10. The Popular science monthly. Vol. 53. Maio a outubro de 1898. Appleton, Nova York. Páxina 603.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "1877 Half Union Pattern in Gilt Copper Arquivado 27 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.". En Coin Week. 11 de agosto de 2014.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Tebben G. "A quarter century too late".
  13. 13,0 13,1 Bowers, Q. D. (1982). Páxina 344.
  14. "Wass, Molitor & Company". Professional Coin Grading Service (PCGS).
  15. 15,0 15,1 "1855 $50 Wass, Molitor & Co. (Regular Strike)". Professional Coin Grading Service (PCGS).
  16. Bowers, Q. D. (1982). Páxinas 344-345
  17. Bowers, Q. D. (1982). Páxina 345.
  18. "50 Dollars, United States, 1877". National Museum of American History. Smithsonian Institution.
  19. 19,0 19,1 Yeoman R. S. (2009). Páxina 355.
  20. "50 Dollars "Half Union" Pattern; copper". Numista.com
  21. "1855 $50 Wass, Molitor & Co. (Regular Strike)". Professional Coin Grading Service (PCGS).
  22. "50 Dollars, United States, 1877". National Museum of American History. Smithsonian Institution.
  23. "1877 $50 J-1546 (Proof)". Professional Coin Grading Service (PCGS).
  24. "50 Dollars Panama–Pacific Exposition (round)". Numista.com
  25. 25,0 25,1 "50 Dollars Panama–Pacific Exposition (round)". Numista.com
  26. 26,0 26,1 "50 Dollars Panama–Pacific Exposition (octogonal)". Numista.com
  27. "1915 Panama Pacific Exposition $50 Gold Coin". EarlyConmemorativeCoins.com

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Read other articles:

ŌsumiImmagine del veicolo Dati della missioneOperatore Istituto di Scienze Spaziali e Aeronautiche dell'Università Imperiale di Tokyo[1] NSSDC ID1970-011A SCN04330 Satellite diTerra EsitoSuccesso VettoreLambda Lancio11 febbraio 1970 Luogo lancioCentro spaziale di Uchinoura Rientro2 agosto 2003 Parametri orbitaliOrbitaOrbita terrestre bassa Missioni correlateMissione precedenteMissione successiva- - Modifica dati su Wikidata · Manuale Ōsumi è stato il primo satellite artifici...

 

This article is about the theme park in Australia. For the amusement park in the United States formerly under the same name, see Six Flags America. Amusement park in Australia Adventure WorldPreviously known as Adventureworld at Bibra LakesLocationPerth, Western Australia, AustraliaCoordinates32°05′44″S 115°49′05″E / 32.095629°S 115.818099°E / -32.095629; 115.818099 (Adventure World) StatusOperatingOpened30 November 1982; 41 years ago&#...

 

  لمعانٍ أخرى، طالع جاك سميث (توضيح). هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (سبتمبر 2018) جاك سميث معلومات شخصية الميلاد 14 أكتوبر 1983 (41 سنة)  هيميل هيمبستيد  [لغات أخرى]‏  الطول 5 قدم 11 بوصة...

Keuskupan QingdaoDioecesis Zimtaovensis天主教青岛教区Katedral Santo Mikael, QingdaoLokasiNegaraChinaProvinsi gerejawiJinanMetropolitJinanStatistikLuas17.000 km2 (6.600 sq mi)InformasiRitusRitus LatinKatedralKatedral QingdaoKepemimpinan kiniPausFransiskusUskupLowongUskup agungJoseph Zhang Xian-wang Keuskupan Qingdao/Tsingtao (Latin: Zimtaoven(sis)code: la is deprecated , Hanzi: 青島) adalah sebuah keuskupan sufragan Latin di provinsi gerejawi Metropolitan Jinan...

 

Swedish sailor (1930–2002) Sture StorkPersonal informationFull nameSture Henrik StorkBorn25 July 1930 (1930-07-25)Saltsjöbaden, SwedenDied27 March 2002 (2002-03-28) (aged 71)Trångsund, SwedenHeight178 cm (5 ft 10 in)Weight79 kg (174 lb)Sailing careerClass5.5 MetreClub Royal Swedish Yacht Club Medal record Sailing Representing  Sweden Olympic Games 1956 Melbourne 5.5 metre class 1964 Tokyo 5.5 metre class Sture Henrik Stork (25 July 19...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Desember 2023. Serge RoulletLahir(1926-07-06)6 Juli 1926Bordeaux, PrancisMeninggal14 Februari 2023(2023-02-14) (umur 96)PekerjaanSutradara, penulis naskahTahun aktif1959–2023 Serge Roullet (6 Juli 1926 – 14 Februari 2023) adalah seorang s...

Short story by Philip K. Dick For the collection of stories by Philip K. Dick, see Beyond Lies the Wub (collection). July 1952 issue of Planet Stories Beyond Lies the Wub is a science fiction short story by American writer Philip K. Dick. It was his first published genre story, originally appearing in Planet Stories in July 1952.[1] It was first collected in The Preserving Machine in 1969, and was included in The Best of Philip K. Dick in 1977. It was the title story for the first vol...

 

(FR) «Le sort de la révolution est attaché à la prise de la ville de Gand.» (IT) «La sorte della rivoluzione dipende dalla presa della città di Gand.» (Philippe de Vaux[1]) Mappa di Gand nel 1775, opera del Ferraris L'insurrezione di Gand ebbe luogo fra il 13 ed il 17 novembre 1789, quando l'inattesa vittoria di una rivolta urbana costrinse una nutrita guarnigione imperiale ad evacuare la città. Essa segnò la vera svolta militare della cosiddetta rivoluzione del Brabant...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、...

Bataille de Laon Informations générales Date 9 et 10 mars 1814 Lieu Laon Issue Victoire de la Sixième Coalition Belligérants Empire français Royaume de Prusse Empire russe Commandants Napoléon Ier Gebhard Leberecht von Blücher Ferdinand von Wintzingerode Forces en présence 37 000 hommes 91 000 hommes Pertes 6 500 morts ou blessés 4 000 morts ou blessés Sixième CoalitionBatailles Campagne de Russie (1812) Liste des batailles Mir Moguilev Ostr...

 

Частина серії проФілософіяLeft to right: Plato, Kant, Nietzsche, Buddha, Confucius, AverroesПлатонКантНіцшеБуддаКонфуційАверроес Філософи Епістемологи Естетики Етики Логіки Метафізики Соціально-політичні філософи Традиції Аналітична Арістотелівська Африканська Близькосхідна іранська Буддій...

 

American author, music journalist and cultural critic Greil MarcusMarcus at Festival SOS 4.8 in Murcia, 2014Born (1945-06-19) June 19, 1945 (age 78)San Francisco, California, U.S.Occupation(s)Author, critic, journalistKnown forRock critic for Rolling Stone, Creem, the Village Voice, and PitchforkSpouse Jenny Marcus ​(m. 1966)​[1] Greil Marcus (born June 19, 1945) is an American author, music journalist and cultural critic. He is notable for produ...

Brazil's principal government institution in charge of statistics and census data IBGE redirects here. For the chemical abbreviated as 'IBGe', see Isobutylgermane. Brazilian Institute of Geography and StatisticsInstituto Brasileiro de Geografia e EstatísticaAgency overviewFormed29 May 1936; 88 years ago (29 May 1936)HeadquartersRio de Janeiro, BrazilEmployees11,850[1]Annual budget R$ R$ 2.45 billion (2022)[2][3]Agency executiveMarcio Pochmann, PresidentPa...

 

Politics of Ukraine Constitution Human rights Presidency President Volodymyr Zelenskyy Office of the President National Security and Defence Council Presidential representatives Presidential symbols Executive Prime Minister Denys Shmyhal Cabinet Shmyhal Government Legislature Verkhovna Rada (parliament) Chairman: Ruslan Stefanchuk Committees People's Deputy of Ukraine Imperative mandate Judiciary Constitutional Court Supreme Court Prosecutor General Local government Local state administratio...

 

American actress (d. 2020) Ja'Net DuBoisDuBois as Willona Woods on the television series Good Times, 1976BornJeannette Theresa DuboisAugust 5Brooklyn, New York, U.S.or Philadelphia, Pennsylvania, U.S.Died(2020-02-17)February 17, 2020Glendale, California, U.S.OccupationsActresssingerYears active1960–2019Known forWillona Woods – Good Times Ma Bell – I'm Gonna Git You Sucka Ms. Avery – The PJsSpouse(s)Sajit Gupta(m. 1950–?; divorced)Children4 Jeannette Theresa Dubois (August ...

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) كأس السوبر الإسباني 2000 ديبورتيفو لاكورونيا إسبانيول 2 0 مباراة الذهاب ديبورتيفو لاكورونيا إسبانيول 0 0 ال...

 

Andimeshk County Shahrestan'e Andimeshk تقسيم إداري البلد إيران  [1] العاصمة انديمشك  الدولة  إيران محافظات إيران محافظة خوزستان خصائص جغرافية إحداثيات 32°35′00″N 48°20′00″E / 32.58333°N 48.33333°E / 32.58333; 48.33333 السكان التعداد السكاني 154,081 نسمة (إحصاء 2006)   • عدد الأسر 48636 (2016)[2 ...

 

Sporting event delegationSwitzerland at the1998 Winter OlympicsIOC codeSUINOCSwiss Olympic AssociationWebsitewww.swissolympic.ch (in German and French)in NaganoCompetitors69 (50 men, 19 women) in 12 sportsFlag bearer Guido Acklin (bobsleigh)MedalsRanked 12th Gold 2 Silver 2 Bronze 3 Total 7 Winter Olympics appearances (overview)192419281932193619481952195619601964196819721976198019841988199219941998200220062010201420182022 Switzerland competed at the 1998 Winter Olympics in Nagano, ...

American musician John NeffNeff playing guitarBackground informationOriginColumbus, Ohio, United StatesGenres Southern rock country rock rock and roll Occupation(s)MusicianInstrument(s)GuitarPedal steel guitarVocalsDobroLap steel guitarYears active1993–presentMusical artist John Neff is an American musician based in Athens, Georgia. He is most known for playing guitar and pedal steel guitar. Background Neff is originally from Columbus, Ohio and moved to Savannah, Georgia, when he was 11. He...

 

Covering of the main river of Brussels, Belgium The covering of the Senne in Brussels The covering of the Senne (French: Voûtement de la Senne; Dutch: Overwelving van de Zenne) was the covering and later diverting of the main river of Brussels, Belgium, and the construction of public buildings and major boulevards in its place. Carried out between 1867 and 1871, it is one of the defining events in the history of Brussels. The Senne/Zenne (French/Dutch) was historically the main waterway of B...