Modesto Fernández González, tamén coñecido polo pseudónimo Camilo de Cela, nado en Ourense o 15 de decembro de 1838 e finado en Madrid o 18 de decembro de 1897, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
Estudou Dereito e Administración pública na Universidade de Santiago de Compostela e despois na Universidade Central de Madrid. En 1864 incorporouse ao Ministerio de Fomento, onde foi xefe de negociado de terceira clase en 1867 e en 1870 xefe de Administración. Pasou ao Ministerio de Ultramar, e despois foi nomeado Delegado de Facenda da provincia de Madrid en 1884. Foi presidente de El Fomento de las Artes.
Colaborou en El Contemporáneo, El Español, La Gaceta Popular, La Ilustración Española y Americana, La Correspondencia de España e La Época de Madrid e El Heraldo Gallego de Ourense, La Ilustración Gallega y Asturiana e La Tierra Gallega de La Habana.
Obras
- Retratos y semblanzas. Imprenta de la Biblioteca de Instrucción y Recreo, Madrid 1872.
- La hacienda de nuestros abuelos, conferencias de aldea. Imprenta de la Biblioteca de Instrucción y Recreo, Madrid 1872.
- Portugal contemporáneo. De Madrid a Oporto pasando por Lisboa, diario de un caminante. Imprenta de Manuel Tello, Madrid 1874.
- Programa de Instituciones de Hacienda pública de España. Imprenta de M. Tello, Madrid 1876.
- El impuesto de derechos reales, antes llamado de hipotecas. Tip. de Manuel Ginéz, Madrid 1880.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas