La Tierra Gallega, subtitulado semanario de intereses regionales e tamén periódico bisemanal de intereses regionales, foi unha publicación da Habana editado entre 1894 e 1896.
Historia e características
Fundado por un grupo de galeguistas de Cuba (Manuel Lugrís Freire, Constantino Horta, Vicente Fraiz Andón entre outros) coa finalidade de cederllo a Manuel Curros Enríquez para que o dirixira. O primeiro número saíu o 8 de abril de 1894, mantivo un carácter rexionalista galego, reivindicando a autonomía para Galicia e mantendo unha posición de españolismo autonomista na política cubana. O último número, o 197, saíu o 9 de novembro de 1896, logo que o gobernador da Habana e capitán xeneral, Valeriano Weyler, o suspendera tras atacar o ministro español da Mariña.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas