Mocidade sen deus[1] (en alemán: Jugend ohne Gott) é a terceira novela do escritor austrohúngaro Ödön von Horváth, publicada en alemán en 1937. En 1938, o libro foi colocado na lista de autores prohibidos polo réxime nacional-socialista.
Sinopse
Mocidade sen deus é a narración en primeira persoa dun profesor de trinta e catro anos, que ensina Xeografía e Historia nun instituto da Alemaña durante a década de 1930. Contrario á ideoloxía racista e totalitaria imperante, ten que evitar manifestarse abertamente para non perder o seu emprego nunha época de grave crise económica.
Adaptacións
Traducións
Notas
Véxase tamén
Bibliografía