Miranda May Kerr, nada en Sidney o 20 de abril de 1983[2] é unha modelo australiana. Kerr acadou a fama en 2007 ó converterse nun dos anxos de Victoria's Secret e foino ata 2012. Foi a primeira australiana en participar en campañas de Victoria's Secret e en representar a tenda de David Jones. Ademais, Kerr lanzou a súa propia gama de produtos orgánicos de coidado da pel, KORA Organics, e publicou o seu propio libro de auto-axuda, Treasure Yourself.
Kerr comezou a modelar ós 13 anos, na axencia Chaay's Modelling.[3]
Casou co actor inglés Orlando Bloom no 2010. Tiveron un fillo en 2011 pero separáronse no 2013.
A modelo e o fundador de Snapchat, Evan Spiegel, casaron en maio de 2017. O seu primeiro fillo e o segundo de Kerr naceu en maio de 2018.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas