O Mikoyan-Gurevich MiG-23 (designación OTAN: Flogger) é un caza monopraza supersónico para as funcións de superioridade aérea e bombardeo da Unión Soviética.
Historia
O MiG-23 é un cazabombardeiro de xeometría variable, variando as ás a súa forma de frecha entre 23 e 71º, sendo o primeiro avión multipropósito da Forza Aérea soviética. A primeira versión producida en serie foi o MiG-23M 'Flogger-B', que equipou as forzas aéreas dos principais países do Pacto de Varsovia. O MiG-23MS 'Flogger-E' era unha versión simplificada para exportar a Libia e a Oriente Medio. Fabricouse tamén unha versión bipraza de adestramento armado, o MiG-23UB 'Flogger-C'. Outras versións de exportación foron o MiG-23BM 'Flogger-F' e o MiG-23BM 'Flogger-H'.
Alcance: 1.950 km (2.820 km con tanques externos).
Raio de combate: 720 km.
Planta motriz: 1x Tumansky R-35-300 de 8.550 kg en seco e 13,000 kg con posqueimador.
Armamento: 1 canón de dobre ánima GSh-23L de 23mm con 200 disparos, mísiles aire-aire de mediano alcance R-23 e R-24, e de curto alcance R-3S ou R-60. Mísiles aire-terra X-23, X-66. Ata 3,000 kg de bombas e cohetes.