Micropaleontoloxía

A micropaleontoloxía é a póla da paleontoloxía que estuda os microfósiles, ou fósiles que só se poden observar utilizando un microscopio, para distinguir o fósil completo ou a súa morfoloxía e detalles cracterísticos.

Microfósiles

A terra de diatomeas é un rocha sedimentaria branda, silícea, feita de microfósiles, que son os frústulos (cubertas) de diatomeas unicelulares. Esta mostra consiste nunha mestura de diatomeas céntricas (con simetría radial) e pennadas (con simetría bilateral). Esta imaxe de partículas de terra de diatomeas en auga está a unha escala de 6,236 pixels/μm, e a imaxe completa abrangue unha rexión de aproximadamente 1,13 por 0,69 mm.

Os microfósiles son fósiles que xeralmente teñen un tamaño entre 0,001 mm e 1 mm,[1] polo que o seu estudo require o uso dun microscopio óptico e nalgúns casos electrónico. Os fósiles que poden estudarse a simple vista ou cun aumento baixo, como o das lupas de man, denomínanse macrofósiles.

Por exemplo, algúns organismos coloniais, como os briozoos (especialmente os Cheilostomata) forman colonias relativamente grandes, pero son clasificados polos finos detalles esqueléticos dos pequenos individuos da colonia.

Noutro exemplo, moitos xéneros fósiles de foraminíferos, que son protistas coñecidos polas súas cunchas (chamadas "testas") poden ser tan grandes como moedas, como os do xénero Nummulites, e os detalles da cuncha son importantes para a súa clasificación.

Os microfósiles son unha característica común do rexistro fósil, desde o Precámbrico ao Holoceno. Son os máis comúns en depósitos de ambientes mariños, pero tamén aparecen en depósitos sedimentarios de auga salobre, auga doce e terrestres. Aínda que todos os reinos da vida están representados no rexistro micrfofósil, as formas máis abundantes son esqueletos de protistas ou quistes de Chrysophyta, Pyrrhophyta, Sarcodina, Acritarcha e Chitinozoa, xunto con pole e esporas de plantas vasculares.

En 2017, os microorganismos fosilizados, ou microfósiles, foron descubertos tamén en precipitados de respiradoiros hidrotermais no cinto de Nuvvuagittuq do Quebec, Canadá, que pode ter unha antigüidade de 4,28 miles de millóns de anos, as formas de vida máis antigas da Terra, o que suxire que houbo "unha emerxencia case instantánea da vida" (en termos de escala xeolóxica), despois de que se formasen os océanos hai uns 4,41 miles de millóns de anos e non moito despois da formación da Terra hai 4,54 miles de millóns de anos.[2][3][4][5] Non obstante, a vida puido ter empezado incluso antes, como afirman algúns científicos.[6][7]

Áreas de estudo

Fusulínido (Triticites) do Plattsmouth Chert, Red Oak, Iowa (Permiano).

A micropaleontoloxía pode ser dividida en catro áreas de estudo baseándose na composición de microfósiles: (a) calcaria, como en cocólitos e foraminíferos, (b) fosfátca como nalgúns vertebrados, (c) silícea, como en diatomeas e radiolarios, ou (d) orgánica, como no pole e esporas estudadas en palinoloxía.

Esta división reflicte as diferenzas na composición química e mineralóxica de restos de microfósiles (e, por tanto, nos métodos da recuperación de fósiles) máis que en distincións taxonómicas estritas ou ecolóxicas. A maioría dos investigadores neste campo, coñecidos como micropaleontólogos, son normalmente especialistas nun ou máis grupos taxonómicos.

Microfósiles calcarios

Foraminífero nummulítido fósil que mostra individuos microsféricos e megalosféricos; Eoceno dos Emiratos Árabes Unidos; escala en mm.

Entre os microfósiles calcarios (de CaCO3) están os cocólitos, foraminíferos, quistes de dinoflaxelados calcarios e ostrácodos.

Microfósiles fosfáticos

Os microfósiles fosfáticos inclúen os conodontos (pequenas estruturas orais dun grupo de cordados extinguido), algúns escolecodontos (mandíbulas de "vermes"), espiñas e dentes de tiburóns e restos doutros peixes (chamados en conxunto "ictiólitos").

Microfósiles silíceos

Entre os microfósiles silíceos están as diatomeas, radiolarios, silicoflaxelados, ebríidos, fitólitos, algúns escolecodontos (mandíbulas de "vermes") e espículas de esponxas.

Microfósiles orgánicos

O estudo dos microfósiles orgánicos chámase palinoloxía. Son microfósiles orgánicos o pole, esporas, quitinozoos (aínda que se pensa que son ovos de invertebrados mariños), escolecodontos (mandíbulas de "vermes"), acritarcos, quistes de dinoflaxelados e restos fúnxicos.

Métodos

As mostras de sedimentos ou rochas recóllense de núcleos extraídos ou de afloramentos, e os microfósiles que conteñen extráense por medio de diversas técnicas físicas e químicas de laboratorio, como o peneirado, separación por densidades nunha centrífuga ou en líquidos pesados, e dixestión química da fracción non desexada. As mostras concentradas resultantes de microfósiles móntanse despois en preparacións para a súa análise, xeralmente con microscopio óptico. Entón os taxons son identificados e contados. As enormes cantidades de microfósiles que se poden obter dunha pequena mostra de sedimentos permite a colección de conxuntos de datos estatisticamente robustos, que poden estar suxeitos a análise multivariante. Un estudo típico de microfósiles comprende a identificación duns poucos centos de espécimes de cada mostra.

Aplicación da micropaleontoloxía

O microfósiles son especialmente salientables pola súa importancia en bioestratigrafía. Como os microfósiles adoitan ser extremadamente abundantes, están moi estendidos, e aparecen e desaparecen rapidamente dun estrato a outro, constitúen fósiles índice ideais desde unha perspectiva bioestratigráfica. Ademais, os hábitats planctónicos e nectónicos dalgúns microfósiles danlles a vantaxe de aparecer a través dun amplo rango de facies ou paleoambientes, así como o de ter unha distribución case global, facendo que a correlación estratigráfica sexa máis poderosa e efectiva.

Os microfósiles, especialmente os de sedimentos de mar profundo, tamén proporcionan algúns dos rexistros máis importantes de cambios ambientais globais a escalas de tempo longas, medias ou curtas.[8] A través de vastas áreas do fondo oceánico, as cunchas de microorganismos planctónicos que se afunden desde as augas superficiais proporcionan a fonte dominante de sedimentos e acumúlanse continuamente (normalmente a velocidades de 20–50 millóns por millón de anos). Un estudo dos cambios nas ensamblaxes de microfósiles e os cambios na química das súas cunchas (por exemplo, composición de isótopos do oxíxeno) son fundamentais para investigar os cambios climáticos do pasado xeolóxico.

Ademais de proporcionaren unha excelente ferramenta para a datación de rochas sedimentarias e para a reconstrución paleoambiental (moi utilizado na xeoloxía do petróleo e a paleoceanografía) a micropaleontoloxía atopou varias aplicacións menos ortodoxas, como o seu crecente papel nas investigacións policiais forenses ou para deterninar a procedencia de artefactos arqueolóxicos.

A micropaleontoloxía é tamén unha ferramenta para a xeoarqueoloxía utilizada para a reconstrución arqueolóxica de xacementos habitados por humanos e os seus ambientes. Os cambios na abundancia da poboación de microfósiles na estratigrafía de corpos de auga actuais ou pasados reflicte os cambios nas condicións ambientais. Os ostrácodos que viven nos corpos de auga doce sofren o impacto dos cambios de salinidade e pH debido ás actividades humanas. Cando se correlacionan con outras técnicas de datación, poden reconstruírse os ambientes prehistóricos. Os traballos levados a cabo no lago Tanganica proporcionan un perfil dos cambios ambientais inducidos polo ser humano durante un período que abrangue os últimos 4000 anos.[9]

Traballos similares feitos no árido suroeste norteamericano proporcionaron información sobre as canles de rego utilizados por pobos prehistóricos desde 2100 a.C. a 500 d.C.[10] Outros traballos arqueolóxicos en climas áridos en toda América utilizaron a análise micropaleontolóxica para construíren unha imaxe máis completa co clima prehistórico e da actividade humana.

Notas

  1. Drewes, Charlie. "Discovering Devonian Microfossils". Iowa State University. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2013. Consultado o 4 March 2017. 
  2. Dodd, Matthew S.; Papineau, Dominic; Grenne, Tor; slack, John F.; Rittner, Martin; Pirajno, Franco; O'Neil, Jonathan; Little, Crispin T. S. (2 March 2017). "Evidence for early life in Earth's oldest hydrothermal vent precipitates" (PDF). Nature 543 (7643): 60–64. Bibcode:2017Natur.543...60D. PMID 28252057. doi:10.1038/nature21377. 
  3. Zimmer, Carl (1 March 2017). "Scientists Say Canadian Bacteria Fossils May Be Earth’s Oldest". New York Times. Consultado o 2 March 2017. 
  4. Ghosh, Pallab (1 March 2017). "Earliest evidence of life on Earth 'found". BBC News. Consultado o 2 March 2017. 
  5. Dunham, Will (1 March 2017). "Canadian bacteria-like fossils called oldest evidence of life". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 1 March 2017. 
  6. Staff (20 August 2018). "A timescale for the origin and evolution of all of life on Earth". Phys.org. Consultado o 20 August 2018. 
  7. Betts, Holly C.; Putick, Mark N.; Clark, James W.; Williams, Tom A.; Donoghue, Philip C.J.; Pisani, Davide (20 de agosto de 2018). "Integrated genomic and fossil evidence illuminates life's early evolution and eukaryote origin". Nature 2 (10): 1556–1562. PMC 6152910. PMID 30127539. doi:10.1038/s41559-018-0644-x. 
  8. Ovechkina, M.N. 2007. Calcareous nannoplankton of the Upper Cretaceous (Campanian and Maastrichtian) of the southern and eastern Russian Platform. Nauka, Moscow. 353 pp. ISBN 978-5-02-035758-7 [1]
  9. M. Palacios-Fest (2005). "Paleolimnological investigations of anthropogenic environmental change in Lake Tanganyika: IV. Lacustrine paleoecology" (PDF). Journal of Paleolimnology 34: 51–71. doi:10.1007/s10933-005-2397-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2011. Consultado o 15 de abril de 2020. 
  10. M. Palacios-Fest & Owen K. Davis (2008). "8" (PDF). Las Capas: Early Irrigation and Sedentism in a Southwestern Floodplain. Anthropological Papers No. 28, ed. Jonathan B. Mabry (Center for Desert Archaeology, Tucson, Arizona, USA). pp. 197–220. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2011. Consultado o 15 de abril de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

3rd Arkansas Infantry Regiment may refer to: American Civil War Confederate 3rd Arkansas Infantry 3rd Consolidated Arkansas Infantry 3rd Infantry, a unit of the Provisional Army of Arkansas Union 3rd Arkansas Infantry 56th United States Colored Infantry, formerly 3rd Arkansas Infantry (African Descent) Topics referred to by the same termThis disambiguation page lists articles about military units and formations which are associated with the same title. If an internal link referred you to this...

Роже III де Фуафр. Roger II de Foix граф де Фуа 1124 — 1147/1148 Предшественник Роже II Преемник Роже Бернар I Рождение 2-е тысячелетие Смерть 1147/1148 Род Дом Фуа-Каркассон Отец Роже II Мать Эстефания де Бесалу Супруга Химена Барселонская Дети Роже Бернар I, Бладимен, Дульса Роже III де Фуа ...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2016) تحتوي هذه المقالة قائمة المعالم الأثرية المصنفة في ولاية توزر وهي المعالم والأماكن التاريخية المصنفة والمحمية من قبل المعهد الوطني للتراث في ولاية توزر في �...

A person enslaved or sentenced to row in a galley For the Isaac Asimov short story, see Galley Slave. Part of a series onSlavery Contemporary Child labour Child soldiers Conscription Debt Forced marriage Bride buying Child marriage Wife selling Forced prostitution Human trafficking Peonage Penal labour Contemporary Africa 21st-century jihadism Sexual slavery Wage slavery Historical Antiquity Egypt Babylonia Greece Rome Medieval Europe Ancillae Balkan slave trade Byzantine Empire Kholop Serfs ...

GeregetanAlbum studio karya Giant StepDirilisJuni 1985 (1985-06)[1]StudioDian RecordsInsan Studio IGenre pop rock Durasi49:55LabelJK RecordsKronologi Giant Step Volume III(1980) Geregetan(1985) Life's Not the Same(2017) Geregetan adalah album ketujuh dari grup musik Giant Step yang dirilis pada tahun 1985 di bawah label JK Records. Latar belakang Setelah merilis album terakhirnya Volume III pada tahun 1980, grup musik Giant Step mendapat kesepakatan kontrak dengan label JK Re...

Wilfried Martens Centre for European StudiesWilfried Martens Centre for European StudiesFormation2007; 16 years ago (2007)TypePolitical foundation at European levelHeadquartersBrussels, BelgiumLocationEuropean UnionPresidentMikuláš Dzurinda (SK)Websitewww.martenscentre.eu The Wilfried Martens Centre for European Studies, also known as the Martens Centre and previously as the Centre for European Studies, is a think tank and political foundation of the European People's Part...

American actress (born 1943) This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources: Nina Wayne – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2021) (Learn how and when to remove this template mess...

Russian rower Aleksandra BocharovaPersonal informationBorn6 May 1943 (1943-05-06) (age 80)[1]Moscow, RussiaSportSportRowingClubDynamo Medal record Women's rowing Representing the  Soviet Union European Rowing Championships 1967 Vichy Quad sculls 1969 Klagenfurt Quad sculls 1966 Amsterdam Quad sculls 1970 Tata Quad sculls 1971 Copenhagen Quad sculls 1968 East Berlin Quad sculls Aleksandra Nikolaevna Bocharova (Russian: Александра Николаевна Бочар...

Fictional character on The Big Bang Theory This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article describes a work or element of fiction in a primarily in-universe style. Please help rewrite it to explain the fiction more clearly and provide non-fictional perspective. (September 2018) (Learn how and when to remove this template message) This article relies excessively on references ...

ステファニヤ・トゥルケヴィチ(1920) ポータル クラシック音楽 ステファニヤ・トゥルケヴィチ=ルキアノヴィチ(ウクライナ語:Стефанія Туркевич-Лукіянович、1898年4月25日 - 1977年4月8日)は、ウクライナの作曲家兼ピアニスト兼音楽学者で、ウクライナ最初の女性作曲家として認識されている。彼女の作品は、ソビエト当局によりウクライナでは禁止されて...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Larry Hagman – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2022) (Learn how and when to remove this template message)American actor (1931–2012) Larry HagmanHagman in 1973BornLarry Martin Hagman(1931-09-21)September 21, 1931Fort Worth, Texas, U.S.Die...

Genus of Primulaceae plants Theophrasta Theophrasta jussieui at the Naples Botanical Garden Scientific classification Kingdom: Plantae Clade: Tracheophytes Clade: Angiosperms Clade: Eudicots Clade: Asterids Order: Ericales Family: Primulaceae Subfamily: Theophrastoideae Genus: TheophrastaL.[1] Type species Theophrasta americana L. Species See text Theophrasta is a genus of flowering plants in the family Primulaceae, native to the Caribbean island of Hispaniola. Named in honor of the n...

Filipino journalist and columnist Tony CalventoBornAntonio A. Calvento(1954-02-01)February 1, 1954Manila, PhilippinesDiedOctober 9, 2017(2017-10-09) (aged 63)Muntinlupa, PhilippinesNationalityFilipinoOccupation(s)TV host, radio host, columnist,Years active1977–2017SpouseCarmen de la Rosa Antonio Alberto Calvento (February 1, 1954 – October 9, 2017) was a prominent Filipino broadcast journalist and columnist. He was the host of Calvento Files, a crime and investigative documentar...

Eli WallachWallach pada tahun 1966LahirEli Herschel Wallach(1915-12-07)7 Desember 1915Brooklyn, New York, A.S.Meninggal24 Juni 2014(2014-06-24) (umur 98)New York City, New York, A.S.AlmamaterUniversity of Texas at Austin (B.A.)City College of New York (M.Ed.)PekerjaanAktorTahun aktif1945–2010Dikenal atasTuco, Calvera, Don Altobello, Cotton Weinberger, Arthur Abbott, Mr. Freeze, Silva VacarroKarya terkenalThe Good, the Bad and the Ugly, The Magnificent Seven, The Godfather Part III...

Bei bettlägerigen Patienten kommen Medizinische Thromboseprophylaxestrümpfe (MTPS) zum Einsatz, um einer Thrombose im Rahmen der Thromboseprophylaxe vorzubeugen. MTPS sind Kompressionsstrümpfe, die meist im perioperativen Bereich, also vor, während und nach einem Eingriff, angelegt werden. Sie verbleiben, bis der Patient wieder selbständig mobil ist. Alternativ werden Medizinische Thromboseprophylaxestrümpfe als MT-Strümpfe oder kurz als MTS bezeichnet. Eine veraltete Bezeichnung für ...

Railway station in Brisbane, Queensland, Australia YeerongpillySouthbound view in July 2012General informationLocationWilkie Street, YeerongpillyCoordinates27°31′30″S 153°00′50″E / 27.5250°S 153.0140°E / -27.5250; 153.0140Owned byQueensland RailOperated byQueensland RailLine(s)BeenleighCorindaDistance9.36 kilometres from CentralPlatforms2 (1 island)Tracks5ConstructionStructure typeGroundParking25 baysBicycle facilitiesYesAccessibleYesOther informationStatus...

Tanzanian musician and songwriter This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This biography of a living person needs additional citations for verification. Please help by adding reliable sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately from the article and its talk page, especially if potentially libelous.Find sources:...

Directly elected mayor in England Mayor of West YorkshireIncumbentTracy Brabinsince 10 May 2021West Yorkshire Combined AuthorityStyleMayor[1]StatusCombined authority metro mayorMember ofWest Yorkshire Combined AuthorityResidenceWellington House, 40–50 Wellington Street, LeedsNominatorPolitical parties or self-nominationAppointerElectorate of West Yorkshireby supplementary vote (2021); first-past-the-post voting (2024 onwards)Term length4 years, renewableConstituting instrumentC...

Margaret Anna CusackMemorial to Margret Anna Cusack in DublinBorn6 May 1829Mercer Street/York Street, Dublin, IrelandDied5 June 1899 (aged 70)Leamington Spa, England, UKOther namesSister Mary Francis CusackMother MargaretOccupationFoundress of Sisters of St. Joseph of Peace religious congregation Margaret Anna Cusack (born 6 May 1829[1] in a house at the corner of Mercer Street and York Street (now known as Cusack Corner),[2] Dublin, Ireland – died 5 June 1899), also kn...

1923 film The Fair CheatAdvertisementDirected byBurton L. KingWritten byWilliam B. LaubStarringEdmund BreeseWilfred LytellDorothy MackaillCinematographyAlfred OrtliebProductioncompanyRobertson-Cole Pictures CorporationDistributed byFilm Booking Offices of AmericaRelease date September 16, 1923 (1923-09-16) Running time6 reelsCountryUnited StatesLanguageSilent (English intertitles) The Fair Cheat is a 1923 American silent comedy film directed by Burton L. King and starring Edmun...